Traducir

8 feb 2018

preparando o entroido

Os rapaces do colexio
preparandose pra o entroido
fotografíanse serios
con gafas mostachos e
moitos

outros pertrechiños
como lazos e
corazóns
.
Esto non é máis ca
un guiño
ao verdadeiro
follón
que montarán
xa
vestidos
no patio
ou no pavillón
…
eso depende do tempo
que
teñamos para venres

porque con iste mal trato
que
lle facemos á terra
poderemos ter solazo,
neve, saraiba ou néboa.









Aquí tedes os de sexto
ben sabedes vos quén son
mirade para estes nenos
non vos teñen parangón!
 





 

 
Nenos e nenas de cuarto
posando de maravilla
con gafas e con mostachos,
beizos, corazóns e pipas.
 
 

 





Estes son os de terceiro,
admirade a súa presencia
semellan grandes modelos
de famosas pasarelas.




 





Os de quinto nos amosan
a súa famosa elegancia,
eles con pouquiña cousa
teñen moi boa prestancia.





 






 
En primeiro de primaria
temos moi grandes modelos
algún elexiron gafas,
os demáis outros trebellos.
 




 



Aquí van os de segundo,
e con dúas profesoras!
non creo que haxa no mundo
personiñas máis xeitosas.





 

 




 





 

Os de sexto de infantil
xa veñen pisando forte
posan coma maniquís
amosando as súas dotes.
 
 




 




 
Xa veteranos posando,
están aquí os de catro.
Ninguén escolleu os lazos,
senón gafas e mostachos.
 
 








 
 
Rematamos a sesión
cos nenos máis pequeniños.
Fíxolles moita ilusión
posar con este motivo!
 
Non podía  librar eu
desta grande pasarela
hai que compartir o humor
que teñen nenos e nenas!


Todos xuntos desexamos
que teñades bon entroido
disfraces, bailes e cantos,
e a xantar carne de porco!


 
 

6 jun 2017

Tour London & The USA


Estes son algúns dos traballos feitos polos nenos e nenas da nosa escola. Tentamos coñecer Londres e USA  un pouquiño máis, nesta ocasión ...sen saír do recinto escolar!










Tamén fixemos a nosa propia exposición de retratos de BEEFEATERS na mismísima PORTRAIT NATIONL GALLERY









QUEN DIXO QUE NO CORGO NON PODIAMOS DISFRUTAR DUN RODEO?


ATA AQUÍ ESTA BREVE PRESENTACIÓN.  O ANGLOSAXÓN ESTÁ DE MODA!!!!

27 feb 2017

DE EXCURSIÓN!!

O alumnado de infantil fixo unha saída o xoves 23 de Febreiro ao Auditorio de Lugo para ver a representación "Osiño" . Despois visitamos o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

Estas son algunhas das fotos!