Traducir

Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas

26 ene 2015

VIAXE A LUGO

Os alumnos de segundo, terceiro e cuarto viaxamos a Lugo para ver una obra de teatro en galego e visitar o museo.
 
A obra estaba chea de contos maravillosos que nos entretiveron moitísimo, era a historia de dous hirmáns e un bocadillo.
Despois do teatro una actividade que foi verdadeiramente nova para nós foi a visita ao Museo Provincial; alí fixemos una caza de obras artísticas que nos encantou. Déronnos unhas fotografías de cuadros, esculturas, moedas, grabados e mosaicos e tiñamos que atopalos. Tamén nos ensinaron a mirar as obras artísticas dende una distancia axeitada para aprecialas en toda a súa grandeza.
Foi una mañá moi instructiva e divertida.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 





 

 

28 may 2014

Os nenos de Infantil viaxan ao teatro

 
 
¡Esta mañá viaxamos a Lugo en Autobús!
 
 

Primeiro estivemos no Auditorio Gustavo Freire para ver una obra de teatro que se titulaba: LUME da compañía de títeres Babaluba






E despois da obra de teatro fomos a un parque cuberto na beira do río Miño porque chuviñaba un pouquiño.




 
 

 
 




 
 

 
 

 
 




 


 
Xogamos, merendamos, e pasamos una mañá estupenda.

 
 

 
 

 
 






27 may 2013

A nosa visita á canteira de Prebetong


En resposta a unha oferta da Asociación Galega de Áridos (AGA) que tiña como obxecto promover o coñecemento da súa actividade, favorecer o achegamento á sociedade e inculcar aos nenos a importancia de coidar e respectar o medio ambiente; visitamos a canteira de Prebetong con motivo do VI día das árbores e os áridos.

A Asociación Galega de Áridos agrupa ás empresas galegas productoras de áridos, material utilizado para elaborar capas granulares, hormigón, aglomerado asfáltico e balastro para o ferrocarril. Conta con 50 compañías asociadas que xestionan 80 canteiras distribuídas por toda Galicia.

Durante toda a mañá os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria puidemos coñecer sobre o terreo a procedencia dos áridos (areas, gravas e rocas trituradas) e do seu proceso de produción. Percorremos tanto a fronte de explotación como a planta de tratamento da canteira de Prebetong Lugo. Sorprendémonos ao descubrir de que están feitas en orixe as nosas casas e escolas, pasando polas rúas e as estradas; vendo operar aos camións dumper (chámanlle o Lagarto), as palas cargadoras ou as retroexcavadoras, todas eles de grandes dimensións.

A continuación contribuímos á restauración dos terreos explotados coa plantación de árbores porque nos explicaron que os proxectos de restauración das explotacións de áridos constitúen unha obrigación para todas as empresas, xa que antes de poder comezar a extracción deben garantir a recuperación do terreo explotado. O obxectivo é que os terreos recuperen ou melloren as condicións nas que existían antes de que o lugar sufrise a intervención do home.

Os áridos tamén se empregan para fabricar produtos tan importantes como o vidro co que se fai as fiestras ou os vasos, o papel de libros, cadernos e xornais, aceiro para os coches ou os cubertos, cosméticos, pasta de dentes, mediciñas, ordenadores e ata para producir a enerxía eléctrica que nos aluma ou que permite ver a televisión ou xogar aos videoxogos.


Resultou unha visita moi instructiva e divertida.

6 may 2013

Educación infantil viaxa ao teatro

 
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos viaxamos a Lugo para ver unha obra de teatro
Fumos ao Parque de Frigsa que é onde está o Auditorio a xogar un pouquiño antes de entrar
 

 


había moitos aparatos divertidos para montar, balancearse e columpiarse, tamén tobogáns e laberintos


 
 





Despois de xogar comimos un bocadillo para repoñer forzas antes de entrar no Auditorio




 

A obra titulábase "A caixa de música" e
había moitos títeres que falaban e cantaban

 
 
 
 
 
Na obra Icía e Salterio estropean a caixa de música de Calderón,o vello que toca na praza,polo que tratan de arranxala para que poida volver a soar.
 

Pasamos unha mañá moi divertida