Un dos mellores complementos ás actividades intelectuais son os deportes. No noso colexio as actividades deportivas están moi valoradas e apoiadas tanto polo profesorado como polos pais e nais, de tal xeito que a ANPa está sempre moi pendente de ofertar a maior cantidade posible delas sempre cunha calidade moi satisfactoria. Neste marco encádrase a actividade de patinaxe que todos os anos presenta una representación final na que mezclan a danza e a expresión corporal co patinaxe. este ano a representación estivo baseada no mundo natural das abellas e velaí tedes as nosas abelliñas:
Traducir
Mostrando entradas con la etiqueta festivais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festivais. Mostrar todas las entradas
23 jun 2014
3 feb 2014
Ano Novo Chinés
Os chineses teñen un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano que é o que empregamos en occidente que é un calendario solar.
O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.
Dende a introdución do budismo en China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: Shu (rata), Niu (búfalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragón), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco).
Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o decimoquinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. Este ano 2014 o Ano Novo Chinés celebrouse o 31 do noso mes de Xaneiro correspondéndolle ser o Ano do Cabalo.
Dentro da China, a celebración do Ano Novo varía en os costumes e tradicións segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.

Danzar baixo o león é outra tradición para empezar o ano con boa sorte.
Orixinais farois e lanternas decoran as rúas
Se queres seguir aprendendo sobre a interesantísima cultura chinesa, neste enlace poderás ver os diferentes animais aos quese lles adica cada ano, e facer manualidades e xogos sobre este tema
15 feb 2013
O FESTIVAL DE NADAL III
Os nenos e nenas de 5º
amenizaron o festival encargándonse de preparar un montón de interesantes consellos a modo de anuncios da TV do Corgo.
amenizaron o festival encargándonse de preparar un montón de interesantes consellos a modo de anuncios da TV do Corgo.
Cantaron e bailaron para recordarnos a importancia de ser solidarios, de ter bos costumes, de recordar aos demáis e de valorar a cultura e lembrar a os amigos e parentes.
E por último, 6º: que ademáis de encargarse da presentación do festival...
presentaronnos un conto diferente... unha carapuchiña forte que amedrenta a un lobo... unha forma simpática de traballar a coeducación
presentaronnos un conto diferente... unha carapuchiña forte que amedrenta a un lobo... unha forma simpática de traballar a coeducación
O FESTIVAL DE NADAL II
Terceiro e cuarto prepararon unha obra en inglés e galego titulada "The road of the stars". Deixámosvos eiquí o libreto por si queredes practicar:
THE ROAD OF THE STARS
Introducción: “O camino das estrelas” de Carlos Núñez
- Boas noites!
- Good evening!
- Cómo te chamas?
- My name’s Hugo.
- Eu son Iván.
- Nice to meet you, Iván!
- Encantado de coñecerte, Hugo! Ti non eres de aquí…
- I’m from the United States of America.
- Ah! Estados Unidos … e que fas camiñando só a estas horas?
- I’m a pilgrim. I’m on my way to Santiago.
- Así que eres un peregrino e vas de camiño a Santiago.
- Yes, I like walking at night and looking at the stars in the sky.
- A min tamén me gusta contemplar as estrelas no ceo. Mira aquela como brila!
Canción: Twinkle, twinkle, little star
Twinkle, twinkle, little star,
How I wonder what you are.
Up above the world so high,
Like a diamond in the sky.
Twinkle, twinkle, little star,
How I wonder what you are!
How I wonder what you are.
Up above the world so high,
Like a diamond in the sky.
Twinkle, twinkle, little star,
How I wonder what you are!
- Todo isto faime lembrar que xa está preto o Nadal.
- Oh, yes, Christmas time is coming.
- Non botas de menos o teu fogar?
- Yes, I miss my home very much. I remember a Christmas Carol I used to sing with my family in America, …
Canción: White Christmas
I'm dreaming of a white Christmas
Just like the ones I used to know
Where the treetops glisten and children listen
To hear sleigh bells in the snow
I'm dreaming of a white Christmas
With every Christmas card I write
"May your days be merry and bright
And may all your Christmases be white"
Just like the ones I used to know
Where the treetops glisten and children listen
To hear sleigh bells in the snow
I'm dreaming of a white Christmas
With every Christmas card I write
"May your days be merry and bright
And may all your Christmases be white"
- Esa é unha canción preciosa!
- Certainly that’s a beautiful song!
- Ao que vos lle chamades Christmas Carols, nós chamámoslles Panxoliñas, e tamén as cantamos polo Nadal cando nos xuntamos coa familia.
- We have many things in common!
- Sí! Temos moitas cousas en común ainda que sexamos de lugares tan alleos… agora estoume a lembrar doutra bonita panxoliña…
Canción: Con un sombreiro de palla
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
DEIXADE OS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR O NENO
A XESUS NO PORTAL!
Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!
- No matter where you are from, everyone does similar things at Christmas.
- Tes razón, non importa de onde sexas, toda a xente no mundo ven facendo as mesmas cousas no Nadal. Non sei por qué ás veces hai guerras e nos levamos tan mal…
- This is a good message for Christmas: To be friends and be in peace.
- Ser amigos e estar en paz. Para todos, esta é unha boa mensaxe de Nadal.
- Good bye my friend and Merry Christmas!
- Bo Nadal, amigo e ata sempre!
Canción: Panxoliña. Música Dr. Zhivago
Xa chegou, xa está aquí,
Chea de ledicia e calor,
Chea de familia e amor:
Reis, Papá Noeis, cascabeis e zambombas ao son.
Sente, todo o ano, fai repaso, qué pasou?
Porteime ben ou fatal ou regular?
Berrei un pouco de máis, ai, ai, ai, ai, ai.
Estudo e son o mellor, faga os deberes ou non,
Creo que vouno pensar, recapacitar.
Xa chegou, xa está aquí,
Chea de ledicia e calor,
Chea de familia e amor.
Reis, Papá Noeis, cascabeis e zambombas ao son.
Sente, todo o ano, fai repaso e sé mellor.
As cancións e vídeos que acompañaban á representación pódense ver nas seguintes direccións:
Amanecer de Carlos Núñez http://youtu.be/7Boh-GZiRlo
Twinkle, twinkle little star http://youtu.be/yCjJyiqpAuU
White Christmas http://youtu.be/WcxfFrO5kro
Con un sombreiro de palla http://youtu.be/Wjj9765c55M
Xa está aquí http://youtu.be/32TWJhirNr0
O FESTIVAL DE NADAL I
Os nenos e nenas de Educación Infantil antes de sair ao escenario, onde representaron con moito garbo e soltura a escenificación dunha panxoliña titulada "Os pastores van a Belén".
Un momento da representación: Os nenos e nenas a piques de subir aos seus trineos.
Arriba os actores e actrices de 1º nos momentos previos á súa actuación. Non vos perdades o detalle das máscaras á dereita.
Abaixo momentos da súa actuación coas alumnas de 2º: unha representación en inglés sobre os animais e un baile do máis animado no que todos eran paxariños.
Abaixo momentos da súa actuación coas alumnas de 2º: unha representación en inglés sobre os animais e un baile do máis animado no que todos eran paxariños.
27 ene 2013
O Magosto
![]() |
Este ano tocounos un día gris e frío así que disfrutar das castañas quentes foi un pracer
![]()
As nenas de 2º lucindo unha diadema de castañas que prepararon na clase
![]() ![]()
Os máis pequenos do colexio
![]()
Os nenos de 4º
![]()
Unha parte de 3º...
![]()
... e 1º
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















