Traducir

Mostrando entradas con la etiqueta normas de convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normas de convivencia. Mostrar todas las entradas

19 nov 2013

Os dereitos dos nenos e nenas

Nun recuncho do colexio dende primeiros de novembro viven Mafalda e os seus amigos.



 
Están ahí para lembrarnos os dereitos dos nenos e nenas. Nos podemos velos todos os días e comentámolos cos nosos profesores e profesoras nas clases, por eso sabemos que...
 
A  Organización das Nacións Unidas aprobou  o 20 de novembro de 1959 na súa Asamblea Xeral a  Declaración dos Dereitos do Neno.
A Declaración consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:
Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

4 nov 2013

Volvemos estar aquí!!!!

Despois destes meses de inactividade por causas alleas ( a tecnoloxía e as súas malas pasadas), volvemos estar con vos para comunicarnos e que vexades os nosos traballos no campo das linguas... en realidade en todos os campos, porque Lingua é todo, todo se pode ler, todo se pode describir, de todo se pode falar e escoitar, os debuxos, as fotografías, unha paisaxe, os cómics, unha táboa ou os mapas do tempo, etc.
Xa estamos no principio de Novembro, pero quédannos algunhas cousas do curso pasado que por mor deses problemiñas técnicos non poidemos publicar e queremos que as vexades, velaí vai un resumo delas.
Os Corredores
A intención era encher os corredores de entrada e saída ao patio con debuxos, e así quedou: un lado coas normas elementais de convivencia do colexio e o outro cun debuxo de rapaces xogando nun patio.
 


  
  como están escritas en galego e en inglés merece a pena botarlles unha ollada máis preta:
 





 
 
No lado de frente: