Traducir

Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

3 feb 2014

Ano Novo Chinés

Os chineses teñen un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano que é o que empregamos en occidente que é un calendario solar.
O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.
Dende a introdución do budismo en China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: Shu (rata), Niu (búfalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragón), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco).
 Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o decimoquinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. Este ano 2014 o Ano Novo Chinés celebrouse o 31 do noso mes de Xaneiro correspondéndolle ser o Ano do Cabalo.
 
 

Dentro da China, a celebración do Ano Novo varía en os costumes e tradicións  segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.

 
 
 Danzar baixo o león é outra tradición para empezar o ano con boa sorte.
 
 
 
Orixinais farois e lanternas decoran as rúas
 
Faroles Chinos
 
Se queres seguir aprendendo sobre a interesantísima cultura chinesa, neste enlace poderás ver os diferentes animais aos quese lles adica cada ano, e facer manualidades e xogos sobre este tema 
 

11 nov 2013

Outono e magosto


Nos pensamos que o outono é ese tempo máxico  cheo de setas e cogumelos que como ben sabedes son as casiñas dos duendes e elfos, e eso foi o que quixemos representar no noso mural.
 
Pero non podemos olvidarnos das castañas, eses froitos deliciosos acochadiños tras unha capa de espiñas...                                     Os nenos de tres anos fixeron a súa particular homenaxe a dona castaña na semana do magosto.   A verdade e que parece un pouquiño enfadada, pero non vos pode extrañar porque sabía que ía ir para ao bombo no que Paco a asaría para nós.              
 
E... o trinta de outubro despois de encomendarnos aos espíritus do Samaín que nos responderon co único día sen choiva da semana... Celebramos o Magosto!






 
Queremos deixarvos estes enlaces para facer actividades de outono entretidas e didácticas
 
Para 1º ciclo de primaria:
Para 2º e 3º ciclo de primaria:
 
E por último un enlace para que escoitedes a historia dunha aventura en outono con música de Vivaldi:
 
 
 

Pequenos autores


















23 abr 2013

O DÍA DO LIBRO




Este ano adicamos o Día do Libro aos contos maravillosos, profundizando no estudio dos contos dos Irmáns Grimm e ampliándoo con contos clásicos de Anderssen, e Perrault.
O noso mural está feito con versións curtas de todos aqueles contos que traballamos nas clases, tantos coma letras ten o noso abecedario.

Como traballo de clase os nenos de infantil de tres e catro anos fixeron entre outras cousas un fantástico exercicio de imaxinación inventando animais fantásticos a partires da mezcla de dous animais reais    

o Gaxe: metade gato, metade peixe

o Topei: metade Peixe, metade Gato


 
 O Xepom: cabeza de pomba e cola de peixe
 


Os nenos e nenas de 5 anos celebran o día de hoxe escribindo e debuxando cada ún o seu propio libro.
Libros cheos de adiviñas, contiños e debuxos cun elemento común en todos eles, D. Quixote da Mancha.
Velaí tedes como ven os nosos rapaces ao cabaleiro máis famoso da literatura española

con espada e armadura...


con barba e apostura...

sen olvidar detalles coma os xeonllos...

o cabelo loiro...

alto e flaquiño.

A continuación algunhas das páxinas dos libros que elaboraron os rapaces escribindo, recortando e pegando,  e debuxando





Como ben vedes todos estes pequenos escritores prometen !

Na clase de 1º tamén temos escritores e ilustradores, velaí tedes algúns dos seus traballos:
as portadas...






e contos e descripcións variadas, ata un pequeno ensaio sobre a contaminación!
 
 

10 abr 2013

Estudiamos a Piet Mondrian




En 5º estudiamos a Piet Mondrian  e aprendimos que...
Piet Mondrian era un pintor e mestre holandés que viviu entre os anos 1871 e 1944. Pertence a un movemento artístico contemporáneo chamado neoplasticismo que editaba unha revista chamada De Stilj na que expresaban as súas ideas. Outros pintores que pertencían a este grupo eran os rusos Wasily Kandisky e Kasimir Malevich.
Para Mondrian a fonte de inspiración era a natureza;a súa pintura era abstracta e como elementos básicos usaba as liñas paralelas e perpendiculares e as cores primarias (vermello , negro, azul e amarelo).Nos seus cadros, a primeira ollada, aprécianse formas geométricas, case sempre cuadriláteros con todos os seus ángulos rectos cadrados e rectángulos), co que as súas obras identifícanse de forma inconfundible buscando unha linguaxe artística universal que reflicta o esencial.
Vimos este vídeo sobre a súa obra


E fixemos interpretacións sobre os seus cadros como estas:



8 abr 2013

Estudiamos a Vincent Van Gogh

Os rapaces de terceiro e cuarto de primaria dentro do estudio do color na clase de Plástica fixemos un traballo sobre o pintor holandés Vincent Van Gogh.
Coñecimos a este pintor a través de vídeos que nos presentaron a súa biografía e a súa obra.
Gustounos moito porque trata a cor dun xeito moi vivo, ainda que a súa vida nos pareceu un pouco triste e chea de peripecias e dor.
Esta é unha breve biografía:
Vicent van Gogh é un dos máis famosos pintores holandeses. Naceu en 1853. Cando era novo, Van Gogh foi predicador, como o seu pai. Pero cando cumpriu os vinte e sete anos decidiu que quería estudar arte na cidade de Bruxelas, en Bélgica. Despois foi a Francia, onde coñeceu a moitos outros artistas que vivían en Paris.
En 1888, Van Gogh foi a vivir ao sur de Francia, a unha cidade chamada Arlés. Alí sentiuse impresionado polas cores e os contornos da terra. En quince meses creou máis de 200 pinturas e 100 debuxos. Pintaba con grandes brochazos, usando cores brillantes e cálidos.
A forma en que pintaba e as cores que elixía móstrannos o entusiasmo que sentía Van Gogh vivindo en Arlés.
Pero Van Gogh púxose moi enfermo, e as pinturas que fixo antes de morrer móstrannos que os seus sentimentos cambiaran. As cores que utilizaba eran máis escuros, e a súa aparencia física triste e furiosa.
Hoxe podemos ver pinturas de Van Gogh en museos de todo o mundo. Fotos dalgúns dos seus cadros, como Os girasoles e A cadeira, son reproducidas a miúdo en tarxetas e pósters. As súas pinturas seguen sendo interesantes para nós, porque nos falan dos seus diferentes estados de ánimo e do tipo de xente e lugares que coñeceu.
Estudiamos con detalle algunhas das súas obras máis representativas e despois fixemos as nosas propias interpretacións delas.
Esta é a Noite estrellada, pintámola nun grande mural e despois todos fixemos unha interpretación libre.


Esta paisaxe nocturna foi pintado en 1889 no sanatorio de Saint-Rémy (Provenza), onde Van Gogh foi ingresado polos seus ataques de epilepsia, un ano antes de que se suicidase.
A diferenza das súas outras obras, esta paisaxe non foi pintado ao aire libre, senón desde a habitación do sanatorio, onde só podía ver o ceo a través dunha pequena fiestra. En tan extrema situación, o xenio holandés extraeu do seu interior esta escena, na cal a natureza estala, desprega a súa enerxía e exhibe todo o seu esplendor.



Natureza subxetiva
A Van Gogh atraíalle moi especialmente a noite por- que despregaba unha luz especial. As estrelas e a lúa daban vida a unha paisaxe adormentada e inmóbil. Nesta obra a noite cobra un sentido  enteramente sub- xectivo.

De todas as paisaxes que creou, leste é o máis vigoroso e suxerente. A natureza envólveo todo, deixa ao ser humano pequeno, que se ve abrumado ante unha forza que non pode controlar.
Van Gogh debíase sentir así, indefenso ante as adversidades da vida e ata ante si mesmo, incapaz de superar a súa angustia.


As cores rechamantes e as liñas en espiral do ceo e do ciprés reproducen a ines- tabilidade do seu estado de ánimo e a necesidade de descargar esta frustración que lle inundaba por dentro. Todo isto forma parte dunha estrutura que tamén chama a atención; o cadro divídese claramente en dous partes, o ceo estrelado e o pobo, presidido pola longa agulla que forma a torre da igrexa. Pero o gran ciprés que hai en primeiro plano rompe esta división, elevándose ondulante ata arriba do todo da obra. Incluso as montañas serpentean e parecen unirse co ceo.
O artista holandés crea por encima do realismo, pero tamén vai máis aló de mostrar os efectos da natureza. Este é o lugar onde reproduce a súa tensión interior, e a luz e a cor son o medio para expresala.

 

Puntos crave da obra
O contraste entre a clari- dade e movemento do ceo, coa quietud e escuridade do pobo.
A estreita conexión entre as formas representadas co estado de ánimo do artista. A cor non se corresponde coa realidade, senón coas emo- cións.
Os contornos, na parte inferior, están marcados cunha liña negra grosa, como era característico tamén na obra do seu compañeiro Gauguin.
As únicas liñas rectas son as dos tellados das casas.
O aura luminosa que envolve a Lúa, fai que esta se confunda cun Sol.
O ciprés xigante seguramente é unha alusión á morte
.

 ............
 
Ademáis traballamos ún dos seus cuadros de girasoles
 
 
O famoso cadro da súa habitación en Arles:
 
 
Unha paisaxe de verán con ciprés:

 
...e algúns dos seus autoretratos: