Como xa ven sendo tradición as alumnas do colexio que teñen cono actividade extraescolar patinaxe, deleitáronnos cunha exhibición o dia da festa de Nadal. Aquí vos amosamos unas fotos dos mellores momentos das nosas deportistas máis artísticas
Unha mañá de decembro recibimos a visita dunha rapaza traballadora de Sogama que nos explicou qué é e que temos que facer co noso lixo: como sepáralo, como tiralo e tamén algún truquiños para reutilizar algunas cousas para darlles una segunda vida.
Vimos uns vídeos de debuxos sobre os distintos contenedores e explicounos a regla das tres R que se resume neste diagrama:
O pasado xoves recibimos a visita da escola luguesa de xadrez que veu facernos una demostración do xogo e ensinarnos un pouquiño a xogar para que nos animemos a participar nesta actividade. Tres profesores nos ensinaron os movementos das pezas e podemos xogar un ratiño entre nós, primeiro nun grande taboeiro no que nós mesmos eramos as pezas
e despois xa en nos taboeiros reais.
Foi una experiencia moi interesante e divertida, de feito, prometeron volver este xoves outra vez e xa estamos impacientes!