Traducir

Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

24 feb 2014

Lembrando a Rosalía na conmemoración do seu nacemento

 
 
 
Rosalía de Castro (24/02/1837 - 15/07/1885)

Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabalde de Santiago de Compostela.

Figura no rexistro do Hospital Real de Santiago de Compostela como filla de pais descoñecidos, aínda que se sabe que é filla do semirarista José Martínez Viojo e de María Teresa de la Cruz de Castro, de familia fidalga.

Pasa os seus primeiros anos ao coidado dunhas tías paternas e posteriormente trasládase a Padrón para vivir coa súa nai. A súa ama ensinoulle ao galego e fíxoo coñecer a poesía popular nesa lingua.

Viaxa a Madrid en 1856, onde coñece a Manuel Murguía, co que se casa e quen a pon en contacto con Bécquer e o seu círculo. En 1857 publica o seu primeiro libro poético, La Flor, ao que lle seguen Cantares galegos de 1863, e Follas Novas de 1880, ambos os dous escritos en galego. A súa obra principal, Nas beiras do Sar, publicouse en castelán en 1884.

Con Cantares galegos situouse como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. A crítica subliña o seu feminismo pioneiro. Ademais foi autora das novelas La filla do mar (1859), de carácter folletinesco; Flavio (1861) e a costumista Ruinas (1866). Tamén publicou as tituladas El cabaleiro das botas azuis, en 1867, e El primeiro tolo, en 1881.

Foi nai de seis fillos, e do seu matrimonio, dise que non foi feliz.

De saúde delicada e temperamento depresivo, Rosalía de Castro faleceu o 15 de xullo de 1885 na Matanza (Padrón).


Neste link poderás aprender máis sobre Rosalía facendo unha actividade Lim:
 

11 nov 2013

Unha videoconferencia, Dous Poemas, Some Words and Lots of Bugs

Este día 12 de Novembro asistimos a una videoconferencia enmarcada nos actos que a Universidade de Santiago programa para celebrar o Día da Ciencia en Galego.
Trátase de conectarse dende o noso colexio á Universidade de Santiago que é quen a organiza. O tema serán os insectos e a relatora será Marilar Aleixandre profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental, dende 1988 e ademáis,una vella coñecida porque é autora de libros infantís, como "A formiga coxa" ou "Dez abellas na laranxeira".
Á espera de ver e escoitar a conferencia traballamos na clase lingua dous poemiñas de Manuel María que vos deixamos aquí para que disfrutedes destes dous "bichiños":
O GRILO
O grilo canta no lar
tamén canta na campía.
Canta co sol queimador
nas horas de mediodía!

O grilo tan pequeniño
coas ás tan delicadas,
co seu traxe de cor moura
e as súas antenas delgadas!

                                               MANUEL MARÍA
 
Caracol, col, col,
Caracol, caracoleiro:
Pon os teus cornos ao sol
Xa que es tan frioleiro!

Ao lombo levas a casa,
Caracol, caracoleiro:
E deixas cintas de seda
Engalanando o carreiro!

Caracol, col, col;
Caracol, caracolón:
Ponos teus cornos ao sol,
Ao sol os teus cornos pon!

                                               MANUEL MARÍA

Cántos nomes lembrades de bichiños en inglés?  Repasade uns pouquiños con esta sinxeliña actividade:
and What about a bug craft?
Let's make some egg carton bugs:


Here's what you can use to make our Egg Carton Bugs:

     Styrofoam egg carton
     Pipe cleaners
     Googly eyes
     Cardstock
     Hot glue

  • First cut up the egg carton. The little flies each got a single egg compartment, the butterfly got two compartments  and the Caterpillar  four adjoining compartments.
  • For the flies, take one pipe cleaner and cut it in half. 
  • Glue both halves to the underside of the egg carton and then bend the wire in a U shape to make the legs. 
  • Glue on another half of a pipe cleaners for the antenna.
  • Fold a piece of cardstock in half and cut a heart along the fold, then glue this to the back of the egg carton to make the wings.
  • Small googly eyes will complete the bug.






Have a nice time! 


5 jun 2013

Aniversario do nacemento do poeta Federico García Lorca

Hoxe celébrase o 115 aniversario do nacemento do poeta Federico García Lorca, un dos máis lembrados poetas españois do século XX.
Neste vídeo podedes aprender sobre a súa vida.

 
 
Lorca escribía tamén poemas para nenos como este no que
fala de dous animaliños que choran a perda dos seus aneis. 

El lagarto está llorando.
La lagarta está llorando.
El lagarto y la lagarta
con delantalitos blancos. 
Han perdido sin querer
su anillo de desposados. 
¡Ay, su anillito de plomo,
ay, su anillito plomado!
Un cielo grande y sin gente
monta en su globo a los pájaros. 
El sol, capitán redondo,
lleva un chaleco de raso. 
¡Miradlos qué viejos son!
¡Qué viejos son los lagartos! 
¡Ay cómo lloran y lloran, ¡ay!,
 ¡ ay!, cómo están llorando!
Federico García Lorca
 
Actividade suxerida: Debuxa o poema