Os rapaces de terceiro e cuarto de primaria dentro do estudio do color na clase de Plástica fixemos un traballo sobre o pintor holandés Vincent Van Gogh.
Coñecimos a este pintor a través de vídeos que nos presentaron a súa biografía e a súa obra.
Gustounos moito porque trata a cor dun xeito moi vivo, ainda que a súa vida nos pareceu un pouco triste e chea de peripecias e dor.
Esta é unha breve biografía:
Vicent van Gogh é un dos máis famosos pintores holandeses. Naceu en 1853. Cando era novo, Van Gogh foi predicador, como o seu pai. Pero cando cumpriu os vinte e sete anos decidiu que quería estudar arte na cidade de Bruxelas, en Bélgica. Despois foi a Francia, onde coñeceu a moitos outros artistas que vivían en Paris.
En 1888, Van Gogh foi a vivir ao sur de Francia, a unha cidade chamada Arlés. Alí sentiuse impresionado polas cores e os contornos da terra. En quince meses creou máis de 200 pinturas e 100 debuxos. Pintaba con grandes brochazos, usando cores brillantes e cálidos.
A forma en que pintaba e as cores que elixía móstrannos o entusiasmo que sentía Van Gogh vivindo en Arlés.
Pero Van Gogh púxose moi enfermo, e as pinturas que fixo antes de morrer móstrannos que os seus sentimentos cambiaran. As cores que utilizaba eran máis escuros, e a súa aparencia física triste e furiosa.
Hoxe podemos ver pinturas de Van Gogh en museos de todo o mundo. Fotos dalgúns dos seus cadros, como Os girasoles e A cadeira, son reproducidas a miúdo en tarxetas e pósters. As súas pinturas seguen sendo interesantes para nós, porque nos falan dos seus diferentes estados de ánimo e do tipo de xente e lugares que coñeceu.
Estudiamos con detalle algunhas das súas obras máis representativas e despois fixemos as nosas propias interpretacións delas.
Esta é a Noite estrellada, pintámola nun grande mural e despois todos fixemos unha interpretación libre.
Esta paisaxe nocturna foi pintado en 1889 no sanatorio de Saint-Rémy (Provenza),
onde Van Gogh foi ingresado polos seus ataques de epilepsia, un ano antes de que
se suicidase.
A diferenza das súas outras obras, esta paisaxe non foi
pintado ao aire libre, senón desde a habitación do sanatorio, onde só podía ver
o ceo a través dunha pequena fiestra. En tan extrema situación, o xenio holandés
extraeu do seu interior esta escena, na cal a natureza estala, desprega a súa
enerxía e exhibe todo o seu esplendor.
Natureza subxetiva
A Van Gogh atraíalle moi especialmente a noite por- que
despregaba unha luz especial. As estrelas e a lúa daban vida a unha paisaxe
adormentada e inmóbil. Nesta obra a noite cobra un sentido enteramente sub- xectivo.
De todas as paisaxes que creou, leste é o máis vigoroso e suxerente. A
natureza envólveo todo, deixa ao ser humano pequeno, que se ve abrumado ante
unha forza que non pode controlar.
Van Gogh debíase sentir así, indefenso
ante as adversidades da vida e ata ante si mesmo, incapaz de superar a súa
angustia.
As cores rechamantes e as liñas en espiral do ceo e do ciprés reproducen a
ines- tabilidade do seu estado de ánimo e a necesidade de descargar esta
frustración que lle inundaba por dentro. Todo isto forma parte dunha estrutura
que tamén chama a atención; o cadro divídese claramente en dous partes, o ceo
estrelado e o pobo, presidido pola longa agulla que forma a torre da igrexa.
Pero o gran ciprés que hai en primeiro plano rompe esta división, elevándose
ondulante ata arriba do todo da obra. Incluso as montañas serpentean e parecen
unirse co ceo.
O artista holandés crea por encima do realismo, pero tamén
vai máis aló de mostrar os efectos da natureza. Este é o lugar onde reproduce a
súa tensión interior, e a luz e a cor son o medio para expresala.
Puntos crave da obra
O contraste entre a clari- dade e movemento do ceo, coa
quietud e escuridade do pobo.
A estreita conexión entre as formas
representadas co estado de ánimo do artista. A cor non se corresponde coa
realidade, senón coas emo- cións.
Os contornos, na parte inferior, están
marcados cunha liña negra grosa, como era característico tamén na obra do seu
compañeiro Gauguin.
As únicas liñas rectas son as dos tellados das casas.
O aura luminosa que envolve a Lúa, fai que esta se confunda cun Sol.
O ciprés xigante seguramente é unha alusión á morte.
............
Ademáis traballamos ún dos seus cuadros de girasoles
O famoso cadro da súa habitación en Arles:
Unha paisaxe de verán con ciprés:
...e algúns dos seus autoretratos: