Traducir

10 abr 2013

O día que nos visitou Raquel Arias

Raquel Arias, que naceu en Sober, é xornalista de profesión, realizou os seus estudos na Universidade Complutense de Madrid, cidade na que escribiu en distintas revistas relacionadas co mundo dos seguros e deu clases de comunicación.

De volta a Galicia, traballou durante tres anos como redactora de informativos na Radio Galega en Santiago. Con anterioridade traballou tamén en Radiocadena Española e Radio Nacional de España.

En prensa escrita colaborou con xornais como O Progreso e A Voz de Galicia. Foi corresponsal de O Mundo-Galicia para a provincia de Ourense desde a súa creación ata maio de 1996. Desde esa data e ata 1999 foi responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos.

Actualmente desempeña o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
Visitounos con motivo da celebración do Día da Muller. Viña acompañada do Xefe Provincial de Educación o Sr. Ramos Ledo e do Alcalde do noso concello o Sr. José Ferreiro.
Visitou algunhas das aulas do noso colexio e contóunos algunhas anécdotas dos seus primeiros tempos de estudiante.
Despois fomos á clase de música, alí, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º escoitámola falar do que significa a igualdade no mundo de hoxe e pediunos que reflexionáramos sobre o noso comportamento como nenos e nenas para evitar os comportamentos sexistas na escola e na casa.

Para rematar ofreceunos un agasallo para a biblioteca do colexio: libros que falan do papel da muller galega na sociedade a través da historia.

No hay comentarios: