Traducir

28 feb 2018

28 nevado de febreiro

 
Hoxe o tempo deunos una agradable sorpresa: NEVE!
E os rapaces e rapazas de 4º non podíamos deixar pasar a oportunidade de facernos unas fotos para inmortalizar o momento
 
 
 
 




 
Agora vennos a memoria una cancionciña en inglés que fala dun copo de neve:
 
LITTLE SNOWFLAKE
 
CAN YOU REMEMBER IT?
 
Little Snowflake  tells a short story of a snowman brought to life by the magic and beauty of snowfall. As he tries to ice skate, he learns the value of perseverance and teamwork.
 
 

8 feb 2018

preparando o entroido

Os rapaces do colexio
preparandose pra o entroido
fotografíanse serios
con gafas mostachos e
moitos

outros pertrechiños
como lazos e
corazóns
.
Esto non é máis ca
un guiño
ao verdadeiro
follón
que montarán
xa
vestidos
no patio
ou no pavillón

eso depende do tempo
que
teñamos para venres

porque con iste mal trato
que
lle facemos á terra
poderemos ter solazo,
neve, saraiba ou néboa.









Aquí tedes os de sexto
ben sabedes vos quén son
mirade para estes nenos
non vos teñen parangón!
 





 

 
Nenos e nenas de cuarto
posando de maravilla
con gafas e con mostachos,
beizos, corazóns e pipas.
 
 

 





Estes son os de terceiro,
admirade a súa presencia
semellan grandes modelos
de famosas pasarelas.




 





Os de quinto nos amosan
a súa famosa elegancia,
eles con pouquiña cousa
teñen moi boa prestancia.





 






 
En primeiro de primaria
temos moi grandes modelos
algún elexiron gafas,
os demáis outros trebellos.
 




 



Aquí van os de segundo,
e con dúas profesoras!
non creo que haxa no mundo
personiñas máis xeitosas.





 

 




 





 

Os de sexto de infantil
xa veñen pisando forte
posan coma maniquís
amosando as súas dotes.
 
 




 




 
Xa veteranos posando,
están aquí os de catro.
Ninguén escolleu os lazos,
senón gafas e mostachos.
 
 








 
 
Rematamos a sesión
cos nenos máis pequeniños.
Fíxolles moita ilusión
posar con este motivo!
 
Non podía  librar eu
desta grande pasarela
hai que compartir o humor
que teñen nenos e nenas!


Todos xuntos desexamos
que teñades bon entroido
disfraces, bailes e cantos,
e a xantar carne de porco!