Traducir

18 dic 2014

Traballando cos personaxes dos contos

Os personaxes son aqueles que poñen en acto o conto, os que lle dan vida, aqueles a quen lles pasan o que pensamos e soñamos ao escribir. Hai principais ou protagonistas, e secundarios.
O autor é quen lles dá vida, imaxínaos, créaos e faios vivir nas historias.
Os personaxes poden tomar varias dimensións, poden ser tanto persoas como obxectos, animais, seres imaxinarios. Eles deben ter algúns trazos humanos, aínda que non sempre o sexan; así podemos recoñecelos, e descubrir a súa propia psicología.
Características e funcións do personaxe:
Os personaxes que se atopan nas obras literarias poden estar caracterizados de varias formas: poden ser reais ou ficticios; ter moitas características dun ser humano común ou superpoderes, ser meigos; vivir nunha época actual, do pasado ou do futuro.

Tamén é bo pensar ao personaxe desde outros puntos de vistas como: os trazos físicos, a actitude dos demais cara a eles, a clase social, a orientación cultural e o comportamento.
Construción do personaxe:
Nas obras os personaxes distínguense segundo a importancia que teña para a mesma. O personaxe que fai que a historia móvase e vire en torno a el, chámallo personaxe principal. Os personaxes que acompañan ao principal, que generalmente cumpren o rol de familiares, amigos, noivas/vos denomínanse personaxes secundarios.



 Deste xeito empezamos o noso estudio de uns pouquiños contos e os seus personaxes principais:
traballamos Os tres porquiños, Alicia no país das maravillas, Pinocho, O gato con botas, Bambi, Carapuchiña Vermella, Aladino, A sereiña e Dumbo.
E para rematar o traballo de clase fixemos un mural titulado: