Traducir

1 abr 2013

13 de Marzo: O día que nevou


NEVE!!!!!!!!!

Non foi unha sorpresa
ver o colexio nevado:
xa na nacional sexta
viramos todo xeado.



O que non nos gustou nada
foi ver a neve tan alta,
ver o patio sen nevada:
só unha pouquiña de auga.


Mirade o pruno nevado
coas frores por debaixo
¡que frío teran as pobres
nesta mañanciña de marzo!

O patio dos pequeniños
non se librou da nevada
así que os nosos meniños
disfrutaron da tempada.

Esta árbore da entrada
tiña neve de sobra,
pero como é tan alta
non lle chegamos ás polas.


¡Así que ainda quedamos
esperando outra nevada
que encha de branco o patio
e peche portas e ventanas!

No hay comentarios: