Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria fixeron esta pequena escea teatral sobre a vida do autor homenaxeado neste ano polo día das Letras Galegas. Foi un traballo de todo o grupo, estudiando ao mesmo tempo a técnica da escrita teatrale inspirándose no mural conmemorativo que se fixo no colexio.
Velaí o tedes:
Escea 1
Personaxes: O Curioso e Roberto
(Levántase o telón e vense
varios personaxes paseando ao lonxe por un espacio indefinido, fronte ao
público Roberto e O curioso crúzanse no seu paseo e saúdanse educadamente, fan
xestos de dubidar un pouco e finalmente páranse a conversar)
O Curioso: E… logo ti quen ves sendo?
Roberto: Eu son Roberto Vidal Bolaño.
O Curioso: (tentando
lembrar) Vidal Bolaño… Soame un
pouco. Ti non sairías na tele?
Roberto: Pois a verdade é que sí. Fun actor de televisión e de teatro,
ao mellor lembras “Mareas vivas” ou “A lingua das Mariposas” no cine…
O Curioso: Eso é! “Mareas vivas” Que grande serie! Saíches en
alguna máis?
Roberto: Buenoooo! Trabelleiche moito en series, películas e obras de
teatro como actor, director, escenógrafo e iluminador. Vouche nombrar algunas
delas a ver se che soan: Laudamuco,
Señor de Ningures en 1976, Bailadela da morte ditosa en 1980, A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello), Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) en 1985, Caprice des Dieux en 1985, Anxeliños. Comedia Satánica en 1996, A Lingua das Bolboretas en 1999, Mar Revolto en 2001, e ao
final da miña vida volví nao teatro co grupo “Teatro do aquí”.
O Curioso: (facendo un
xesto de comprensión) Vaia o! Tés toda a razón, traballaches moito , algún
recoñecemento recibirías por tanto traballo…
Roberto: Vouche decir unha cousa (entornando
os ollos para lembrar) recoñecementos, moitos; premios, algún, pero o que
máis ilusión me fai é que este ano se me adique o día das letras galegas, aínda
que para eso teña que estar morto. (Satisfeito)
eso non llo fan a calqueira!
O Curioso: Certo, certo… Pero non señas modesto e dime a lo
menos algún dos premios que recibiches (rindo)
Roberto: Eres ben pesado! A ver… que aquí a memoria empézase a borrar
un pouquiño… Mmmm (apurando moito a falar como se quixese acabar pronto)…
Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. Abrente
(1978) Mención
Especial (Memorias de Mortos e
Ausentes). Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o
Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón". O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto. Medalla de
ouro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de
textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. Premio Rafael Dieste Premio
Álvaro Cunqueiro. Premio Xacobeo (1992). Premio Eixo Atlántico. Premios
Max de Teatro (2001) (mellor
texto teatral en galego). Se lle adica o Día das Letras Galegas en 2013.
Ufff,( xadeando de cansancio) non ves? Xa quedei sen folgos. Fasme
falar máis do debido.
O Curioso: Eche a miña condición, ¡son curioso por natureza!
Roberto: Pois vou satisfacer a túa curiosidade contándote alguna
cousiña máis. Sabías que tamén fun escritor?
O Curioso: Non o sabía ata que me falaches dos premios, porque
sei que algún deles son premios para autores.
Roberto: Ay que listiño me és!
Pois sí, como o Max, por exemplo. (falando
como se fora para sí mesmo) A verdade é que case pasei os 52 anos que vivín
escribindo, teatro, teatro, teatro, ata o que escribín de ensaio foi sobre as
perspectivas do teatro galego!.
O Curioso: Dime algún título, por si me soa…
Roberto: Laudamuco, Señor de Ningures?
O Curioso: Non, ese non
Roberto: Bailadela da norte ditosa?
O Curioso: Ese tampouco.
Roberto: Agasallo de sombras?
O Curioso: (Un pouco avergoñado)Tampouco
Roberto: Días sen Golria? Saxo Tenor? As actas escuras?
O Curioso: Cala, cala que me da vergoña… Que pouquiño sei da
nosa cultura.
Roberto: Sempre se pode aprender,
home!. Ainda que seña neste sitio (Mirando ao seu redor)
O Curioso: Vai algo de frío, non?
Roberto: Eu estou que afogo
O Curioso: Aínda non te acostumaches!
(Lentamente baixase o telón)