Traducir

26 feb 2013

Axudar, Reciclar, Xogar e Aprender

O xogo na Educación Infantil é unha necesidade básica para un bo desenrolo da intelixencia e traballar o equilibrio físico-emocional.
Mediante o xogo trabállanse  os contidos do currículo e favorécese o desenvolvemento dos valores fundamentais logrando a consecución das competencias básicas.
Na clase de Educación Infantil, os nenos e nenas xogan cos tapóns que cada día traen para colaborar na campaña de recollida para reciclaxe e recadar diñeiro para nenos e nenas que precisan de operacións custosas.
Con estes tapóns, antes de levalos ao caixón de recollida,os nenos e nenas fan construccións, descubren olores, len, investigan, valoran os tamaños, contan, etc...

No hay comentarios: