Traducir

15 ene 2013

unha miguiña sobre nós


Ola de novo!
Na nosa segunda entrada quemos falarvos un pouquiño de noso colexio para empezar a coñecernos. Ahí vai a xeito de resumo unha pequena descripción.
¿Quen somos?
Somos un colexio Público da Zona Educativa de Lugo, ubicado no Concello do Corgo, aberto a tódolos alumnos e alumnas sen ningún tipo de  discriminación.

Somos un colexio Plurilíngüe, o primeiro da provincia, que entende a importancia da adquisición de  competencias  lingüísticas  como  base  do  futuro dos nosos alumnos/as.

Preocúpannos a mellora  das  relacións  humanas e as  demandas  socias  do  noso  entorno  e  baseándonos nestes dous pilares ofrecemos unha educación   integral  en valores,  convivencia  e respecto que potencie ao mesmo tempo as   destrezas intelectuais, cognitivas e artísticas dos nenos e nenas.

Horario:
Entrada: 09.30 a.m.    

Saída: 16.00 p.m.

Comedor: 13.30 – 15.00

Actividades  Extraescolares: 16.00 – 18.00
Recursos humans:

Profesorado Especialista e de Apoio en tódolos niveis de  Educación Infantil (2)  e  Educación Primaria (6),  Relixión (1), Música (2), Educación Física (2),  Inglés (4) , Pedagoxía Terapeútica, Informática,  Educación Artística,  Audición  e Linguaxe e Departamento de Orientación. Auxiliar de conversa nativo.

 
Recursos materiais:

O noso principal recurso é a Natureza. Atopámonos  nun espacio natural privilexiado, san e tranquilo, rodeado de árbores e unha zona recreativa. Os patios ao aire libre están rodeados de zonas axardinadas con especies variadas que os alumnos estudian e coidan.

O Polideportivo e o Campo de fútbol municipal forman parte do recinto do colexio polo que  dispoñemos dunhas instalación que, sumadas aos campos de deportes ao aire libre, facilitan a práctica de calqueira deporte.

Dispoñemos tamén de: Aula de Música, Aula de Psicomotricidade, Aula de Pedagoxía Terapéutica, Aula de Audición e Linguaxe,     Biblioteca, e Aula de Informática e NovasTecnoloxías, ademáis de 9 Aulas dotadas de    material informático que corresponden aos 9 niveis de infantil e primaria.

¿Que pretendemos?

 Unha ensinanza de calidade, integral e persoalizada, baseada no traballo en equipo de todo o profesorado en estreita colaboración coas familias. Non somos un centro masificado polo que a atención individualizada está garantida. Temos menos de 20 alumnos/as por aula.

Unha ensinanza plurilíngüe: que enriqueza a  capacidade comunicativa do noso alumnado  neste mundo global. O noso currículo contempla signaturas e interacciones integrales en inglés.

Unha ensinanza creativa: o desenvolvemento das capacidades creativas e o espíritu crítico.

Unha ensinanza aberta ao medio, sensible e receptiva aos cambios sociais, científicos e culturais. Temos clase extracurricular de informática

A convivencia armónica entre tódolos compoñentes da Comunidade Educativa

 
Valores

Respeto á diversidade: respeto á individualidade de cada persoa. Fomento da autoestima de xeito positivo e crítico.

Solidaridade: sensibilidade ante as necesidades dos outros.

Espíritu de traballo e superación: Esforzo, responsabilidade, entusiasmo,  ante as tarefas intentando a superación persoal e do grupo.
Actividades complementarias e extraescolares

Actividades dentro do colexio: Día da Biblioteca, o Magosto, a Constitución, o Nadal, o día da Paz, o Entroido, O Día da Árbore, o Día do Libro, a Semana da Prensa, Competicións Deportivas, Talleres de Periodismo, Talleres de Teatro,  Festa de Fin de Curso.
Pola tarde a AMPA ofrece as seguintes actividades:
Obradoiro Deportivo
Inglés Lúdico
Kárate
Patinaxe
Xadrez
Taller de monicreques
Viaxes culturais, saídas ao campo, etc
  Servizos:
Transporte escolar : 7 rutas deseñadas para abarcar todo o Concello co suficiente número de paradas para a maior comodidade dos usuarios. Tódolos transportes contan con vixiante – asistente .
Comedor escolar:  un espazo concebido como máis como una prolongación da educación integral que como un servizo. Con menús equilibrados e adaptados ás necesidades de cada idade e peculiaridades específicas como son dietas de celíacos, alérxicos, etc.
Este servizo, coordinado polo Equipo Directivo do Centro conta cunha cociñeira titulada e unha axudante e coa colaboración de pais e nais na vixiancia e axuda do alumnado





No hay comentarios: