Traducir

21 ene 2013

Algúns traballos previos: O Outono e o Mel


O outono foi o noso primeiro traballo común. Ademáis da recollida e clasificación de follas e productos da tempada, este ano decidimos estudiar a fondo O MEL. Traballamos nas clases todos os aspectos de súa producción, dende a vida das abellas ata os producto finais e os seus beneficios. Todos estes traballos expuxéronse en forma de dous murais. este primeiro recolle os traballos das clases de plástica


 Este outro recolle a información traballada tanto na clase de coñecemento como na de galego...

O mel é un líquido viscoso e azucrado producido polas abellas a partir do néctar recollido de flores e procesado polos enzimas dixestivos deses insectos, sendo almacenado en favos (ou panais) nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.

É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas.

Historia

O mel ten as súas cualidades recoñecidas, apreciadas e utilizadas polos seres humanos desde tempos remotos como alimento e adozante natural con poder adozante dúas veces maior do que o azucre de cana.

Existen diversas referencias históricas a esta substancia. Alén das citas bíblicas, moitos outros pobos, como os antigos exipcios ou os gregos, por exemplo, referíanse ao mel como un produto sagrado, chegando até servir como forma de pagamento de impostos. Foron encontradas en escavacións exipcias con máis de 3.000 anos mostras de mel aínda perfectamente conservadas en vasillas lixeiramente tapadas. Tamén existen rexistros prehistóricos en pinturas rupestres da recolección de mel.

Son coñecidas diversas variedades de mel que dependen da flor utilizada como fonte de néctar e do tipo de abella que o produciu. Mais como as abellas o fabrican en cantidade cerca de tres veces superior á necesaria para sobreviviren, sempre foi posíbel, primeiramente, colectarse o exceso del para o uso humano, e máis tarde, criar abellas para o fin específico de obter o mel, o que é coñecido como apicultura.

Composición e uso

Alén de ser utilizado como adozante, o mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por hidratos de carbono, especialmente polos azucres simples (glicosa e frutosa). O mel está tamém composto por auga (cerca do 20%), por minerais (calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, entre outros), por cerca da metade dos aminoácidos existentes, por ácidos orgánicos (ácido acético, ácido cítrico, entre outros) e por vitaminas do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de antioxidantes (flavonoides e fenólicos).

Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azúcares simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.

O mel é tamén usado externamente debido ás súas propiedades antimicrobianas e antisépticas. Así, o mel axuda a cicatrizar e a previr infeccións en feridas ou queimaduras superficiais. O mel é tamén utilizado amplamente na cosmética (cremas, máscaras de limpeza facial, tónicos etc.) debido ás súas cualidades astrinxentes e suavizantes.

Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.

Unha bebida fermentada a partir do mel e auga é denominada hidromel.


Elaboración:
As abellas van de flor en flor porque nelas atopan un xugo doce que se chama néctar, cólleno cunha palliña moi pequena que teñen  na boca. De volta á colmena convirten ese néctar en mel seguindo un proceso de colaboración entre todas as abellas: primeiro pasan o néctar que recolectaron ás súas propias compañeiras do interior que están agardando xunto á entrada da colmena; a continuación as abellas do interior inician o proceso de transformación do néctar en mel, para elo, alargan a trompa e sacan unha gotiña de líquido dixestivo. Neste proceso interveñen moitas abellas durante varios minutos, pasándose as gotiñas de néctar de abella en abella, iniciando así o proceso de conversión de néctar a mel.
A continuación o producto almacénase en celdiñas e pechan  cada celdiña herméticamente con cera.
Ata aquí o proceso da elaboración do mel, ésta é extraída dos panais polos apicultores, que a meten en centrifugadoras. Nelas sepárase o mel dos restos de cera e outros refugallos ao pasar polos filtros.
Por último envásase sendo este  o proceso máis natural.

Mel de Galicia

Desde 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 314.832 kg (169 toneladas no ano 2000) e un valor económico estimado de 1.133.395 euros.
 
e... incluindo por suposto, o traballado na clase de inglés: este é o texto:


BEES TAKE NECTAR FROM FLOWERS

THEY TAKE IT TO THE BEEHIVE

THEY MAKE HONEY AND STORE IT IN WAXHONEYCOMBS INSIDE THE BEEHIVE.

THE BEE KEEPER WEARS SPECIAL CLOTHES SO THAT BEES CAN’T  STING THEM.

HONEY ARRIVES AT THE FACTORY WHERE IT’S KEPT INTO POTS.

AND IT’S READY TO BE EATEN.

No hay comentarios: