Traducir

30 may 2014

Hoxe visitanos: O SON QUE ME ARROLA



O Son que me Arrola é una proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.




Traballa coas familias e con nenos e nenas a partir de seis meses e ata tres anos e tamén en colaboración coas escolas infantís (0-3) e os colexios na etapa de educación infantil (3-6 anos).




Esta actividade foi posible gracias á colaboración do concello do Corgo e a Asociación Antonio Gandoy

 
 Experimentamos e manipulamos diferentes instrumentos realizados a partir de materiais de refugallo


 


tras una primeira parte na que escoitamos exploramos cos instrumentos e fixemos un pequeño obradoiro





 
una mañá de portas abertas chea  de experiencias sonoras.

No hay comentarios: