Nun recuncho do colexio dende primeiros de novembro viven Mafalda e os seus amigos.
Están ahí para lembrarnos os dereitos dos nenos e nenas. Nos podemos velos todos os días e comentámolos cos nosos profesores e profesoras nas clases, por eso sabemos que...
A Organización das Nacións Unidas aprobou o 20 de novembro de 1959 na súa Asamblea Xeral a Declaración dos Dereitos do Neno.
A Declaración consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:
Artigo
| Dereito |
---|---|
Artigo 1
|
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
|
Artigo 2
|
O neno gozará dunha protección especial
|
Artigo 3
|
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
|
Artigo 4
|
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
|
Artigo 5
|
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
|
Artigo 6
|
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
|
Artigo 7
|
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
|
Artigo 8
|
Prioridade do neno en obter protección e socorro
|
Artigo 9
|
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
|
Artigo 10
|
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario