María é a nosa profesora de prácticas. Leva con nós dende o segundo trimestre. É moi simpática e sempre nos axuda moito cando temos dúbidas, ten moita paciencia e é moi tranquila.
Esta mañá díxonos que tiña que facer un traballo sobre a enerxía con nos.
Primeiro amosounos no ordenador un resumo sobre a enerxía e as súas clases e despois dividiunos en tres grupos para facer o traballo.
Un grupo adicouse a cubrir un cuestionario sobre a enerxía no noso colexio, lampadas, calefacción, auga, etc.
Outro grupo fixo un mural cun slogan sobre formas de non malgastar a enerxía.
E o terceiro ún con propostas de mellora do uso da enerxía.
Pasamos unha mañá moi divertida ao mesmo tempo que repasamos, aprendemos e reflexionamos sobre o noso planeta e o uso responsable dos recursos.
Que debemos e non debemos facer
Propostas de mellora
Si este mundo queres conservar,
a luz que non usas debes apagar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario