"Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso
que pudieran juntarse, y que forman algo así como un
misterio."
Federico García Lorca (1898-1936) Poeta e dramaturgo español.
"No digáis que, agotado su tesoro, de asuntos falta,
enmudeció la lira: podrá no haber poetas, pero siempre
habrá poesía."
Gustavo Adolfo Bécquer (1836-1870) Poeta español.
Cada ano, o 21 de marzo (equinoccio de primavera), a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en Paris en 1999.
De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra banda, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecimento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pinturae todas as demáis , o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considere unha forma anticuada de arte, senón ún.
Segundo a UNESCO "A poesía contribúe a esta diversidad creativa ao cuestionar de xeito sempre renovado o xeito en que usamos as palabras e as cousas, os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Mercé ás súas asociacións e metáforas, e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas. Diversidad no diálogo, libre circulación das ideas por medio da palabra, creatividade e innovación: é evidente que o Día Mundial da Poesía é tamén unha invitación a reflexionar sobre o poder da linguaxe e o florecimiento das capacidades creadoras de cada persoa."
A UNESCO anima aos Estados Membros a tomar parte activa na celebración do Día Mundial da Poesía, tanto a nivel local como nacional, coa participación activa das Comisións Nacionais, as ONG e as institucións públicas e privadas interesadas (escolas, concellos, comunidades poéticas, museos, asociacións culturais, editoriais, autoridades locais e así sucesivamente).
No hay comentarios:
Publicar un comentario