Os
rapaces do colexio
preparandose pra o entroido
fotografíanse serios
con gafas mostachos e moitos
outros pertrechiños
como lazos e corazóns.
Esto non é máis ca un guiño
ao verdadeiro follón
que montarán xa vestidos
no patio ou no pavillón…
eso depende do tempo
que teñamos para venres
porque con iste mal trato
que lle facemos á terra
poderemos ter solazo,
neve, saraiba ou néboa.
Aquí tedes os de sexto
ben sabedes vos quén son
mirade para estes nenos
non vos teñen parangón!
Nenos e nenas de cuarto
posando de maravilla
con gafas e con mostachos,
beizos, corazóns e pipas.
Estes son os de terceiro,
admirade a súa presencia
semellan grandes modelos
de famosas pasarelas.
Os de quinto nos amosan
a súa famosa elegancia,
eles con pouquiña cousa
teñen moi boa prestancia.
En primeiro de primaria
temos moi grandes modelos
algún elexiron gafas,
os demáis outros trebellos.
Aquí van os de segundo,
e con dúas profesoras!
non creo que haxa no mundo
personiñas máis xeitosas.
Os de sexto de infantil
xa veñen pisando forte
posan coma maniquís
amosando as súas dotes.
Xa veteranos posando,
están aquí os de catro.
Ninguén escolleu os lazos,
senón gafas e mostachos.
Rematamos a sesión
cos nenos máis pequeniños.
Fíxolles moita ilusión
posar con este motivo!
Non podía librar eu
desta grande pasarela
hai que compartir o humor
que teñen nenos e nenas!
Todos xuntos desexamos
que teñades bon entroido
disfraces, bailes e cantos,
e a xantar carne de porco!