Traducir

3 feb 2014

Ano Novo Chinés

Os chineses teñen un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano que é o que empregamos en occidente que é un calendario solar.
O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.
Dende a introdución do budismo en China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: Shu (rata), Niu (búfalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragón), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco).
 Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o decimoquinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. Este ano 2014 o Ano Novo Chinés celebrouse o 31 do noso mes de Xaneiro correspondéndolle ser o Ano do Cabalo.
 
 

Dentro da China, a celebración do Ano Novo varía en os costumes e tradicións  segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.

 
 
 Danzar baixo o león é outra tradición para empezar o ano con boa sorte.
 
 
 
Orixinais farois e lanternas decoran as rúas
 
Faroles Chinos
 
Se queres seguir aprendendo sobre a interesantísima cultura chinesa, neste enlace poderás ver os diferentes animais aos quese lles adica cada ano, e facer manualidades e xogos sobre este tema 
 

No hay comentarios: