En resposta a unha oferta da Asociación Galega de Áridos (AGA) que tiña como obxecto promover o coñecemento da súa actividade, favorecer o achegamento á sociedade e inculcar aos nenos a importancia de coidar e respectar o medio ambiente; visitamos a canteira de Prebetong con motivo do VI día das árbores e os áridos.
A Asociación Galega de Áridos agrupa ás empresas galegas productoras de áridos, material utilizado para elaborar capas granulares, hormigón, aglomerado asfáltico e balastro para o ferrocarril. Conta con 50 compañías asociadas que xestionan 80 canteiras distribuídas por toda Galicia.
Durante toda a mañá os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria puidemos coñecer sobre o terreo a procedencia dos áridos (areas, gravas e rocas trituradas) e do seu proceso de produción. Percorremos tanto a fronte de explotación como a planta de tratamento da canteira de Prebetong Lugo. Sorprendémonos ao descubrir de que están feitas en orixe as nosas casas e escolas, pasando polas rúas e as estradas; vendo operar aos camións dumper (chámanlle o Lagarto), as palas cargadoras ou as retroexcavadoras, todas eles de grandes dimensións.
A continuación contribuímos á restauración dos terreos explotados coa plantación de árbores porque nos explicaron que os proxectos de restauración das explotacións de áridos constitúen unha obrigación para todas as empresas, xa que antes de poder comezar a extracción deben garantir a recuperación do terreo explotado. O obxectivo é que os terreos recuperen ou melloren as condicións nas que existían antes de que o lugar sufrise a intervención do home.
Os áridos tamén se empregan para fabricar produtos tan importantes como o vidro co que se fai as fiestras ou os vasos, o papel de libros, cadernos e xornais, aceiro para os coches ou os cubertos, cosméticos, pasta de dentes, mediciñas, ordenadores e ata para producir a enerxía eléctrica que nos aluma ou que permite ver a televisión ou xogar aos videoxogos.
Resultou unha visita moi instructiva e divertida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario