Traducir

3 may 2013

Traballando con María sobre a enerxía

María é a nosa profesora de prácticas. Leva con nós dende o segundo trimestre. É moi simpática e sempre nos axuda moito cando temos dúbidas, ten moita paciencia e é moi tranquila.
Esta mañá díxonos que tiña que facer un traballo sobre a enerxía con nos.
Primeiro amosounos no ordenador un resumo sobre a enerxía e as súas clases e despois dividiunos en tres grupos para facer o traballo.
Un grupo adicouse a cubrir un cuestionario sobre a enerxía no noso colexio, lampadas, calefacción, auga, etc.
Outro grupo fixo un mural cun slogan sobre formas de non malgastar a enerxía.
E o terceiro ún con propostas de mellora do uso da enerxía.
Pasamos unha mañá moi divertida ao mesmo tempo que repasamos, aprendemos e reflexionamos sobre o noso planeta e o uso responsable dos recursos.

 
 

Que debemos e non debemos facer
 
 
 
 
 Propostas de mellora



Si este mundo queres conservar,
a luz que non usas debes apagar.

2 may 2013

A primavera e os contos dos irmáns Grimm

 

Como este ano vai de contos, aproveitamos o estudio dos irmáns Grimm para inspirarnos á hora de facer o noso homenaxe á Primavera. Titúlase unha primavera de conto porque cada clase elexiu un personaxe dun conto para facer a súa descripción e manualidade.
Este é o resultado de xuntalos todos nun traballo común. Unha grande homenaxe á primavera chea de cor e fantasía.
 


E ahí están Blanca Neves e os sete ananos, Polgariño falándolle ao cabalo, O Príncipe Rá na súa charca, Carapuchiña Vermella e a súa aboa, Raponcia na súa ventá e o castelo e as árbores dos bosques e flores, moitas flores e unha bruxa escondida porque non queremos saber nada de feitizos e encantamentos.

1 may 2013

Roberto Vidal Bolaño

 
 
O 31 de xullo  de 1950,  coincidindo  co remate das  festas do Apóstolo na cidade de Santiago, naceu Roberto Ignacio  Vidal  Bolaño, que co paso do tempo se convertiría nun dos creadores do teatro profesional galego.
Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago
e  con doce  anos comezou a traballar como  repartidor  de  recambios  de coche, emprego  ao  que  seguiron  outros:  nunha  axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.
Ao longo da súa traxectoria artística escribiu perto  de trinta obras teatrais, algunhas delas adicadas ao público infantil. Tamén realizo guións para as televisións  galega  e  española,  levando  á pantalla  relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.
Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio
Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina...
No  ano  1991 creou e dirixiu a  compañía Teatro do Aquí, coa  que seguiu
representando as súas propias obras.
Roberto  Vidal   faleceu  en  Santiago  de  Compostela  na  madrugada  do
once de setembro de 2002.


Este enlace levarate á páxina do seminario galán que contén unha grande variedade de actividades en liña para educación infantil e todos os ciclos de primaria. Disfrutarás aprendendo sobre o autor e o teatro galego

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

30 abr 2013

Roberto Vidal Bolaño fala con un home curioso


Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria fixeron esta pequena escea teatral sobre a vida do autor homenaxeado neste ano polo día das Letras Galegas. Foi un traballo de todo o grupo, estudiando ao mesmo tempo a técnica da escrita teatrale inspirándose no mural conmemorativo que se fixo no colexio.

Velaí o tedes:



Escea 1

Personaxes: O Curioso  e Roberto

(Levántase  o telón e vense varios personaxes paseando ao lonxe por un espacio indefinido, fronte ao público Roberto e O curioso crúzanse no seu paseo e saúdanse educadamente, fan xestos de dubidar un pouco e finalmente páranse a conversar)

O Curioso: E… logo ti quen ves sendo?
Roberto: Eu son Roberto Vidal Bolaño.
O Curioso: (tentando lembrar)  Vidal Bolaño… Soame un pouco. Ti non sairías na tele?
Roberto: Pois a verdade é que sí. Fun actor de televisión e de teatro, ao mellor lembras “Mareas vivas” ou “A lingua das Mariposas” no cine…
O Curioso: Eso é! “Mareas vivas” Que grande serie! Saíches en alguna máis?
Roberto: Buenoooo! Trabelleiche moito en series, películas e obras de teatro como actor, director, escenógrafo e iluminador. Vouche nombrar algunas delas a ver se che soan: Laudamuco, Señor de Ningures  en 1976, Bailadela da morte ditosa en 1980, A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello), Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) en 1985, Caprice des Dieux en 1985, Anxeliños. Comedia Satánica en 1996, A Lingua das Bolboretas en 1999, Mar Revolto en 2001, e ao final da miña vida volví nao teatro co grupo “Teatro do aquí”.
O Curioso: (facendo un xesto de comprensión) Vaia o! Tés toda a razón, traballaches moito , algún recoñecemento recibirías por tanto traballo…
Roberto: Vouche decir unha cousa (entornando os ollos para lembrar) recoñecementos, moitos; premios, algún, pero o que máis ilusión me fai é que este ano se me adique o día das letras galegas, aínda que para eso teña que estar morto. (Satisfeito) eso non llo fan a calqueira!
O Curioso: Certo, certo… Pero non señas modesto e dime a lo menos algún dos premios que recibiches (rindo)
Roberto: Eres ben pesado! A ver… que aquí a memoria empézase a borrar un pouquiño… Mmmm (apurando moito a falar como se quixese acabar pronto)… Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes). Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón". O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto. Medalla de ouro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. Premio Rafael Dieste Premio Álvaro Cunqueiro. Premio Xacobeo (1992). Premio Eixo Atlántico. Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego). Se lle adica o Día das Letras Galegas en 2013.
Ufff,( xadeando de cansancio) non ves? Xa quedei sen folgos. Fasme falar máis do debido.
O Curioso: Eche a miña condición, ¡son curioso por natureza!
Roberto: Pois vou satisfacer a túa curiosidade contándote alguna cousiña máis. Sabías que tamén fun escritor?
O Curioso: Non o sabía ata que me falaches dos premios, porque sei que algún deles son premios para autores.
Roberto: Ay que listiño me és!  Pois sí, como o Max, por exemplo. (falando como se fora para sí mesmo) A verdade é que case pasei os 52 anos que vivín escribindo, teatro, teatro, teatro, ata o que escribín de ensaio foi sobre as perspectivas do teatro galego!.
O Curioso: Dime algún título, por si me soa…
Roberto: Laudamuco, Señor de Ningures?
O Curioso: Non, ese non
Roberto: Bailadela da norte ditosa?
O Curioso: Ese tampouco.
Roberto: Agasallo de sombras?
O Curioso: (Un pouco avergoñado)Tampouco
Roberto: Días sen Golria? Saxo Tenor? As actas escuras?
O Curioso: Cala, cala que me da vergoña… Que pouquiño sei da nosa cultura.
Roberto: Sempre se pode aprender, home!. Ainda que seña neste sitio (Mirando ao seu redor)
O Curioso: Vai algo de frío, non?
Roberto: Eu estou que afogo
O Curioso: Aínda non te acostumaches!

(Lentamente baixase o telón)


Anúnciate na TV do Corgo

 
Os rapaces e rapazas de 5º, dentro do traballo da clase de lingua están a aprender a facer anuncios e slogans e, ¿Que millor idea que promocionar os nosos productos?
Velaí tedes úns exemplos do seu traballo:
 
 
TV CORGO
        
 
·         Algo lles pasa aos nosos pais.
 
·         Vexo as súas miradas e están tristes.
 
·         Din que é un problema de confianza.

·         De la sobrina de riesgo.

·         De la prima.

·         Hai que botar unha man.

·         Que saiban que contan con nós.

·         Que tamén sabemos axudar.

·         Que se lles admira por estar aí.

·         E que recorden que todo o que somos llelo debemos e eles.

·         Temos que poñernos as pilas.

·         Non preguntemos o que poden facer os nosos pais por nós, preguntémonos o que podemos facer nós polos nosos pais.

·         Que saiban que se lles quere.

·         Que estamos orgullosos deles.

·         Por non deixar atrás aos seus maiores.

·         E sacar adiante aos seus fillos.

·         É posible que algún día un galego baixe os brazos, que un galego se renda ou tire a toalla,é posible, pero ese día, ese día, non chegou.Poñámolo noso grao de area axudemos como galegos.

·         Estou orgulloso do meu pai que nunca tirou a toalla nunca, a decir verdade, nunca tirou nada.

·         Aprendemos de vós que os galegos podemos ser o fin do mundo e o centro do universo.

·         Seguiremos vivindo como galegos.E axudarémonos.

·         Á crise dirémoslle “ vaite e non volvas”

·         Todos e todas estaremos orgullosos da nos aterra, da nosa cultura, do noso patrimonio…

·         Todos os que veñen visitala repiten.

·         Con nós, con vós, con todos disfrutemos deste paraíso que é Galicia.                            

................................................................................................................

Para os grandes,
Para os pequenos,
Para os pais,
Para as nais,
Para os avós,
Para as avoas,
Para os amigos,
Para as amigas,
Para os compañeiros,
Para as compañeiras,
Para os profesores,
Para as profesoras,
Para todos os
galegos e galegas
AUGAS LAXOSA
AUGA DA FONTE DE LAXOSA
SE A BEBES
NON PROBAS OUTRA COUSA!
..................................................................................................
 
 
Se ti queres estar san
Productos galegos
has de tomar. SI,SI, SI!
Castañas, abelás, noces
Cogomelos, mazás
mel das abellas
san e sabroso
con todo isto medrarás. SI, SI, SI!
Ledicia e paz
nos nosos fogares
a carón do lume
compartindo os productos do Corgo
¡Bos desexos da TV do Corgo!




23 abr 2013

Reading in English

In the third grade we have just read and worked in The Frog Prince, a story by the Grimm Brothers. Here you are the story book colored by the kids in class, read it and try to notice something missing ...












Did you notice the missing things? Of course! Characters! Print the pages and draw them following the text.
Have a nice time!

O DÍA DO LIBRO




Este ano adicamos o Día do Libro aos contos maravillosos, profundizando no estudio dos contos dos Irmáns Grimm e ampliándoo con contos clásicos de Anderssen, e Perrault.
O noso mural está feito con versións curtas de todos aqueles contos que traballamos nas clases, tantos coma letras ten o noso abecedario.

Como traballo de clase os nenos de infantil de tres e catro anos fixeron entre outras cousas un fantástico exercicio de imaxinación inventando animais fantásticos a partires da mezcla de dous animais reais    

o Gaxe: metade gato, metade peixe

o Topei: metade Peixe, metade Gato


 
 O Xepom: cabeza de pomba e cola de peixe
 


Os nenos e nenas de 5 anos celebran o día de hoxe escribindo e debuxando cada ún o seu propio libro.
Libros cheos de adiviñas, contiños e debuxos cun elemento común en todos eles, D. Quixote da Mancha.
Velaí tedes como ven os nosos rapaces ao cabaleiro máis famoso da literatura española

con espada e armadura...


con barba e apostura...

sen olvidar detalles coma os xeonllos...

o cabelo loiro...

alto e flaquiño.

A continuación algunhas das páxinas dos libros que elaboraron os rapaces escribindo, recortando e pegando,  e debuxando





Como ben vedes todos estes pequenos escritores prometen !

Na clase de 1º tamén temos escritores e ilustradores, velaí tedes algúns dos seus traballos:
as portadas...






e contos e descripcións variadas, ata un pequeno ensaio sobre a contaminación!