Traducir

15 ene 2013

Ola!
Dende o C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo, na provincia de Lugo, queremos saudar a todos os blogueiros e blogueiras na nosa primeira entrada neste interesantísimo mundo virtual.
 
No noso ánimo está compartir as nosas experiencias e actividades  e o mesmo tempo dar a coñecer o noso traballo coas linguas e aprender no intercambio de experiencias e dos comentarios que recibamos.
 
Temos a sorte de ser un colexio plurilingüe, o que significa que ademáis do galego e o castelán temos ensinanzas de asignaturas en inglés, case se pode decir que cada ún de nós temos tres linguas na boca... por eso o título do noso blog! así que, como non podería ser doutra forma con tanta riqueza, comprometémonos a actualizar o noso blog con entradas continuadas e aportacións dende todos os ámbitos da comunidade educativa.

Un saúdo