27 ene 2013

O Magosto

Como cada ano coa chegada do outono chegan as castañas e este curso celebramos esta chegada con traballos de clase previos á festa do Magosto.
Nas aulas de 1º, 2º e 3º traballaron o vocabulario relativo aos productos de outono en inglés e galego e fixeron despois preciosos debuxos relativos ao tema.
Os maiores do colexio fixeron traballos de investigación e recopilación de cantigas sobre a castaña.
Aquí vos deixamos tres moi interesantes:
 
Miña nai, doime a barriga.
Miña nai, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?
...........

A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
...........
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.


 
 
 
 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario