27 ene 2013

O Día de Acción de Grazas

Unha celebración americana no Corgo!

Dentro do programa de plurilingüismo non só está o estudio da lingua, senón que se inclue tamén o acercamento e coñecemento das culturas de fala inglesa e como a nosa lectora é americana, está poñéndonos ao día no que se refire a tradicións culturais da súa terra.
Así aprendimos uns cantos datos interesantes sobre ese día:
 

Por que se celebra:
En 1620, os peregrinos viaxaron de Inglaterra a América no Mayflower e desembarcaron en Plymouth. Escapaban das restricións da Igrexa de Inglaterra e da pobreza. Poderían ser considerados os primeiros inmigrantes norteamericanos.
O Indios nativos de Massachusetts recibiron  aos peregrinos amigablemente e compartiron os seus coñecementos sobre os cultivos de terras e ensinaronaos peregrinos a cazar e curar a carne de animais da área.
Para conmemorar que sobreviviran a un inverno moi rigoroso e tiveran unha colleita que ía axudalos a afrontar o seguinte, os peregrinos celebraron unha gran cea invitando aos nativos para así recoñecer a súa axuda. A primeira celebración de Acción de Grazas durou varios días. Ambos, os indios e os peregrinos compartiron bebida, comida e diversión
Hoxe é un día de agradecemento para a colleita e para todo o que se ten na vida.
Cando se celebra:
O primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington declarou o Día de Acción de Grazas o 19 de febreiro de 1795. Máis tarde, Abraham Lincoln escolleu o 3 de outubro de 1863 como un día de reflexión e gratitude.
O presidente Theodore Roosevelt, en 1941, cambiou o día de Acción de Grazas para a cuarto xoves de novembro, que aínda é o día no que celebramos este festivo.
Como se conmemora Acción de Grazas en Estados Unidos:
É unha festa de familia en que as persoas chegan a viaxar a outro estado para participar da súa familia facendo un esforzo para reunirse polo menos unha vez ao ano.
É unha das celebracións máis importantes en Estados Unidos e marca o inicio da tempada de compras de Nadal. O día seguinte, venres, chámase Black Friday, e hai rebaixas nas tendas, en preparación para a tempada de Nadal..
O menú de Acción de Grazas
O menú tradicional pavo asado, puré de patacas, patacas doces caramelizadas e feixón verde ou cenorias vidradas. A sobremesa típica é torta de cabaza ou noces.
 
Pero o máis importante do Día é dar Grazas e, sobre esa tradición os nosos alumnos fixeron traballos de plástica e lingua nos que daban as grazas e que se xuntaron para facer este pequeno mural.
 
 
en cada pluma do pavo: un agradecemento

1 comentario: