Ola de novo!
Na nosa segunda entrada quemos falarvos un pouquiño de noso colexio para empezar a coñecernos. Ahí vai a xeito de resumo unha pequena descripción.
¿Quen somos?
Somos un colexio Público da Zona Educativa de Lugo, ubicado no Concello do Corgo, aberto a tódolos alumnos e alumnas sen ningún tipo de discriminación.
Somos un colexio Plurilíngüe, o primeiro da provincia, que entende a importancia da adquisición de competencias lingüísticas como base do futuro dos nosos alumnos/as.
Preocúpannos a mellora das relacións humanas e as demandas socias do noso entorno e baseándonos nestes dous pilares ofrecemos unha educación integral en valores, convivencia e respecto que potencie ao mesmo tempo as destrezas intelectuais, cognitivas e artísticas dos nenos e nenas.
Horario:
Entrada: 09.30 a.m.
Saída: 16.00 p.m.
Comedor: 13.30 – 15.00
Actividades Extraescolares: 16.00 – 18.00
Recursos humans:
Profesorado Especialista e de Apoio en tódolos niveis de Educación Infantil (2) e Educación Primaria (6), Relixión (1), Música (2), Educación Física (2), Inglés (4) , Pedagoxía Terapeútica, Informática, Educación Artística, Audición e Linguaxe e Departamento de Orientación. Auxiliar de conversa nativo.
Recursos materiais:
O noso principal recurso é a Natureza. Atopámonos nun espacio natural privilexiado, san e tranquilo, rodeado de árbores e unha zona recreativa. Os patios ao aire libre están rodeados de zonas axardinadas con especies variadas que os alumnos estudian e coidan.
O Polideportivo e o Campo de fútbol municipal forman parte do recinto do colexio polo que dispoñemos dunhas instalación que, sumadas aos campos de deportes ao aire libre, facilitan a práctica de calqueira deporte.
Dispoñemos tamén de: Aula de Música, Aula de Psicomotricidade, Aula de Pedagoxía Terapéutica, Aula de Audición e Linguaxe, Biblioteca, e Aula de Informática e NovasTecnoloxías, ademáis de 9 Aulas dotadas de material informático que corresponden aos 9 niveis de infantil e primaria.
¿Que pretendemos?
Unha ensinanza de calidade, integral e persoalizada, baseada no traballo en equipo de todo o profesorado en estreita colaboración coas familias. Non somos un centro masificado polo que a atención individualizada está garantida. Temos menos de 20 alumnos/as por aula.
Unha ensinanza plurilíngüe: que enriqueza a capacidade comunicativa do noso alumnado neste mundo global. O noso currículo contempla signaturas e interacciones integrales en inglés.
Unha ensinanza creativa: o desenvolvemento das capacidades creativas e o espíritu crítico.
Unha ensinanza aberta ao medio, sensible e receptiva aos cambios sociais, científicos e culturais. Temos clase extracurricular de informática
A convivencia armónica entre tódolos compoñentes da Comunidade Educativa
Valores
Respeto á diversidade: respeto á individualidade de cada persoa. Fomento da autoestima de xeito positivo e crítico.
Solidaridade: sensibilidade ante as necesidades dos outros.
Espíritu de traballo e superación: Esforzo, responsabilidade, entusiasmo, ante as tarefas intentando a superación persoal e do grupo.
Actividades complementarias e extraescolares
Actividades dentro do colexio: Día da Biblioteca, o Magosto, a Constitución, o Nadal, o día da Paz, o Entroido, O Día da Árbore, o Día do Libro, a Semana da Prensa, Competicións Deportivas, Talleres de Periodismo, Talleres de Teatro, Festa de Fin de Curso.
Pola tarde a AMPA ofrece as seguintes actividades:
Obradoiro Deportivo
Inglés Lúdico
Kárate
Patinaxe
Xadrez
Taller de monicreques
Viaxes culturais, saídas ao campo, etc
Servizos:
Transporte escolar : 7 rutas deseñadas para abarcar todo o Concello co suficiente número de paradas para a maior comodidade dos usuarios. Tódolos transportes contan con vixiante – asistente .
Comedor escolar: un espazo concebido como máis como una prolongación da educación integral que como un servizo. Con menús equilibrados e adaptados ás necesidades de cada idade e peculiaridades específicas como son dietas de celíacos, alérxicos, etc.
Este servizo, coordinado polo Equipo Directivo do Centro conta cunha cociñeira titulada e unha axudante e coa colaboración de pais e nais na vixiancia e axuda do alumnado