17 jun 2016

LUCUS AUGUSTI


No marco do estudio da historia xurde no Colexio a idea de profundizar no pasado da cidade de Lugo relacionando coñecementos xa adquiridos con outros novos.

Fíxose un traballo interdisciplinar con aportacións de actividades de todos os cursos, así como de todas as áreas, especialmente as áreas de plástica e linguas, posto que ao ser un centro plurilingüe, o traballo está feito nos tres idiomas ( castellano, galego e inglés).

O traballo empeza co estudio da chegada dos romanos á nosa península, a fundación da cidade de Lugo, a construcción da muralla (para o que contamos co  préstamo dunha maqueta por parte do Excmo. Concello de Lugo), o estudio de edificios, mosaicos ornamentais, calzadas, pontes, acueductos, templos, termas, arcos de triunfo etc.

Así mesmo, na exposición que resultou de todo o traballo, pódese aprender como eran os exércitos romanos, a súa vestimenta, armas e escudos; como era o seu idioma e como soaba, como vestían, como era a súa relixión, as súas escolas, e unha selección de moedas acuñadas en Lugo.

Cunha ambientación musical da época os alumnos percorren a exposición aprendendo máis sobre o pasado de Lucus Augusti e para aqueles que queren afondar no estudio ou divertirse lendo, a biblioteca do centro proporciónalles unha selección de libros e cómics sobre o tema.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 










No hay comentarios:

Publicar un comentario