24 ene 2014

NELSON MANDELA

Agora que se acerca o día da Paz queremoslle render unha homenaxe a Nelson Mandela que finou o pasado 5 de decembro derixando tras de sí unha vida exemplar no traballo pola igualdade dos homes e mulleres.
 
                    Biografía
 
Nelson Mandela naceu o 18 de xullo de 1918, en Umtata (Sudáfrica). Os seus pais foron Henry Mandela e Nose Keni, ambos da etnia xosha. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare. Cando tiña 23 anos conseguiu traballo nun estudo xurídico de Johannesburgo. Pouco despois uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA), unha organización que facía campañas pacíficas contra a discriminación e excesiva explotación que sufrían os negros sudafricanos.

En 1943, Nelson Mandela fundou a Liga Xuvenil e organizou movilizaciones de protesta contra o sistema de segregación racial denominado apartheid. O goberno branco reprimía a sangue e lume aos manifestantes, polo que en 1961 Mandela fundou unha organización chamada Umkhonto we Sizwe ("Lanza da Nación") coa cal pasou á loita armada. Pero ao ano seguinte foi capturado en Johannesburgo, sometérono a xuízo e condenárono a cadea perpetua. Tiña 46 anos cando foi levado á prisión da illa Robben, fronte a Cidade do Cabo.

Nos seguintes anos os seus seguidores continuaron loitando contra o apartheid dentro e fóra de Sudáfrica. Moitos gobernos do mundo empezaron a esixir a liberdade de Mandela e a abolición da segregación racial. Winnie Mandela, propagou os ideais do seu esposo e lideró moitas movilizaciones que buscaban a súa
liberdade.

Recentemente en 1990 o presidente moderado Frederik de Klerk liberou a Nelson Mandela, quen xa tiña 71 anos. Nos seguintes meses ambos líderes negociaron a eliminación do apartheid, a que quedou derrogada oficialmente en 1991. Os dous foron galardonados co Premio Nobel da Paz en 1993.

En 1994, Mandela foi elixido presidente de Sudáfrica e gobernou ata 1999. Neste periodo esforzouse por reconciliar aos sudafricanos e coadyuvó no cese de varias guerras do continente, como en Zaire. Logo retirouse da vida política, pero a súa opinión seguía sendo consultada en asuntos importantes do seu país.

A finais de 2012, o seu saúde deteriorouse rápidamente por unha infección pulmonar. A partir de xuño de 2013 permaneceu en estado crítico, ata que faleceu en Johannesburgo o 5 de decembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario