30 ene 2014

A NOSA PAZ


Proposta de Actividade para o Día da Paz:
Pensamos que todos os días son días de celebrar a Paz, pero
sempre nos ven ben sinalar un día no que observemos as
conductas de Paz máis pausadamente.
Por este motivo, propoñemos unha actividade para
concienciar aos nosos alumnos de que a Paz empeza por nos
mesmos.
Material:
Un folio coa palabra PAZ
Lápices de cores ou ceras
Un lápiz
Realización:
1.     Colorear a palabra PAZ
2.     Polo reverso do folio escribir unha pequena carta a calqueira compañeiro co que teñan que disculparse.
Ex:
 
Ola xxxx:
Escríboche esta carta para disculparme por terte
 
tratado mal o outro día cando ……………….
Por este meu comportamento, que agora me dou
 
conta de que non é axeitado, pídoche ……………………….
Acepta o meu abrazo de Paz.
XXXXXXXXXXXXXXXX
 
3.     No momento en que unha clase ten as súas cartas, nomea a un mensaxeiro de Paz que as reparte.
O receptor da carta ao aceptar as disculpas ofrece o seu abrazo

Nesta páxina atoparedes debuxos da palabra PAZ para colorear
http://triniblog.files.wordpress.com/2012/01/dibujamos-por-la-paz_2.jpeg

And here you can find the Word PEACE

http://www.all-ages-coloring-pages.com/peace-coloring-pages.html#axzz2rtJfDbkP

27 ene 2014

"Paz" en outros idiomas

Nestes días e con motivo da celebración do día da Paz estivemos a investigar como se di Paz en diferentes idiomas. Este é o resultado:
Albanés: Page
Alemán: Frieden
Árabe: Salam
Armenio: khanaghutyun
Bengalí: Shanti
Bosnio: Spokoj
Búlgaro: Mir
Catalán: Pau
Checo: Mir
Chino: Heping
Castellano: Paz
Danés: Freds
Egipcio: Hetep
Euskera: Baké
Finlandés: Rauhan
Francés: Paix
Gallego: Paz
Griego: Eiríni
Hebreo: Shalom
Hindú: Hanti
Holandés: Vrede
Húngaro: Beké
Indonesio: Berdamai
 Inglés: Peace
Italiano: Pace
Japonés: Heiwa
Kurdo: Hasiti
Latin: Pax
Maltés : Paci
Maorí: Rongo
Nigeriano: Udo
Noruego: Fred
Polaco: Pokojn
Portugués: Paz
Rumano: Pace
Ruso: Mire
Sudáfrica: Vrede
Tahitiano: Hau
Turco: Hasiti
Se as buscas no traductor de Google poderás oir como sonan.


26 ene 2014

O mundo é grande

Unha fermosa canción de mamá cabra para aprender. E un fermoso blogue que engadimos na nosa listade blogues favoritos.
Clica neste enlace e disfruta da canción e navega pola páxina se tes curiosidade, atoparás fermosas ilustracións para colorear
 
 

MORE ABOUT NELSON MANDELA


Click this link to learn more about him reading, watching photos and videos, doing activities and playing games

http://www.bbc.co.uk/schools/primaryhistory/famouspeople/nelson_mandela/

IMAGINE








listen to this beautiful song by john lennon



 


 

MÚSICA PARA MANDELA



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Neste enlace atoparedes estas 10 cancións que cantantes e grupos de todo o mundo adicaron a Nelson Mandela
 

NELSON MANDELA II

Un vídeo moi interesante sobre Nelson Mandela no que ademáis de ver aspectos da súa vida poderedes coñecelo polas súas palabras

NELSON MANDELA

Agora que se acerca o día da Paz queremoslle render unha homenaxe a Nelson Mandela que finou o pasado 5 de decembro derixando tras de sí unha vida exemplar no traballo pola igualdade dos homes e mulleres.
 
                    Biografía
 
Nelson Mandela naceu o 18 de xullo de 1918, en Umtata (Sudáfrica). Os seus pais foron Henry Mandela e Nose Keni, ambos da etnia xosha. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare. Cando tiña 23 anos conseguiu traballo nun estudo xurídico de Johannesburgo. Pouco despois uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA), unha organización que facía campañas pacíficas contra a discriminación e excesiva explotación que sufrían os negros sudafricanos.

En 1943, Nelson Mandela fundou a Liga Xuvenil e organizou movilizaciones de protesta contra o sistema de segregación racial denominado apartheid. O goberno branco reprimía a sangue e lume aos manifestantes, polo que en 1961 Mandela fundou unha organización chamada Umkhonto we Sizwe ("Lanza da Nación") coa cal pasou á loita armada. Pero ao ano seguinte foi capturado en Johannesburgo, sometérono a xuízo e condenárono a cadea perpetua. Tiña 46 anos cando foi levado á prisión da illa Robben, fronte a Cidade do Cabo.

Nos seguintes anos os seus seguidores continuaron loitando contra o apartheid dentro e fóra de Sudáfrica. Moitos gobernos do mundo empezaron a esixir a liberdade de Mandela e a abolición da segregación racial. Winnie Mandela, propagou os ideais do seu esposo e lideró moitas movilizaciones que buscaban a súa
liberdade.

Recentemente en 1990 o presidente moderado Frederik de Klerk liberou a Nelson Mandela, quen xa tiña 71 anos. Nos seguintes meses ambos líderes negociaron a eliminación do apartheid, a que quedou derrogada oficialmente en 1991. Os dous foron galardonados co Premio Nobel da Paz en 1993.

En 1994, Mandela foi elixido presidente de Sudáfrica e gobernou ata 1999. Neste periodo esforzouse por reconciliar aos sudafricanos e coadyuvó no cese de varias guerras do continente, como en Zaire. Logo retirouse da vida política, pero a súa opinión seguía sendo consultada en asuntos importantes do seu país.

A finais de 2012, o seu saúde deteriorouse rápidamente por unha infección pulmonar. A partir de xuño de 2013 permaneceu en estado crítico, ata que faleceu en Johannesburgo o 5 de decembro de 2013.