19 nov 2013

Os dereitos dos nenos e nenas

Nun recuncho do colexio dende primeiros de novembro viven Mafalda e os seus amigos.



 
Están ahí para lembrarnos os dereitos dos nenos e nenas. Nos podemos velos todos os días e comentámolos cos nosos profesores e profesoras nas clases, por eso sabemos que...
 
A  Organización das Nacións Unidas aprobou  o 20 de novembro de 1959 na súa Asamblea Xeral a  Declaración dos Dereitos do Neno.
A Declaración consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:
Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario