O 31 de xullo de 1950, coincidindo co remate das festas do Apóstolo na cidade de Santiago, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertiría nun dos creadores do teatro profesional galego.
Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiagoe con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego ao que seguiron outros: nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.
Ao longo da súa traxectoria artística escribiu perto de trinta obras teatrais, algunhas delas adicadas ao público infantil. Tamén realizo guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.
Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio
Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina...
No ano 1991 creou e dirixiu a compañía Teatro do Aquí, coa que seguiurepresentando as súas propias obras.
Roberto Vidal faleceu en Santiago de Compostela na madrugada do
once de setembro de 2002.
Este enlace levarate á páxina do seminario galán que contén unha grande variedade de actividades en liña para educación infantil e todos os ciclos de primaria. Disfrutarás aprendendo sobre o autor e o teatro galego
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
No hay comentarios:
Publicar un comentario