10 mar 2013

200 Anos de Fantasía cos Irmáns Grimm



O mundo da literatura infantil celebra os 200 anos da edición do primeiro volume de contos dos autores alemáns: 'Contos infantís e do fogar'

Douscentos anos logo da súa primeira edición, os Contos infantís e do fogar recompilados polos irmáns Grimm seguen sendo un gran éxito: traducíronse a máis de 170 idiomas, saíron en versións innumerables e inspiraron centos de películas, moitas delas na factoría Disney, series de televisión, etc.
No Museo Irmáns Grimm de Kassel (Alemania) gardan os manuscritos destes Contos infantís e do fogar, editados por primeira vez en Berlín o 20 de decembro de 1812, que desde 2005 son Patrimonio da Humanidade. Calculan en Kassel que, en total, estas historias alcanzaron unha tirada de bastante máis de mil millóns de exemplares.

Os irmáns Jacob (1785-1863) e Wilhelm (1786-1859) empezaron a recompilar contos en 1806 con axuda de amigos e coñecidos cando vivían vivían en Kassel coa modestia duns mozos burgueses, huérfanos de pai e recentemente licenciados en dereito,  Escoitaban a vellas modistas, vendedoras, soldados e campesiños nas tabernas ou nos mercados da súa cidade. Tras seis anos de transcripcións e arreglos estilísticos, o primeiro tomo dos seus contos saíu o 20 de decembro de 1812.
Para a segunda parte, que saíu en 1814, gañaron a colaboración das familias nobres Haxthausen e Droste Hülsoff, así como da notable cuentista e verdulera Dorothea Viehmann, unha viuda de sastre que impresionou aos irmáns porque era capaz de repetir os seus contos sempre coas mesmas palabras.
A primeira edición non foi un éxito. No medio das guerras que naquela época sufría Alemania, nin as historias durísimas que describían os Grimm nin a súa cultísima expresión contribuíron á fama de Rapunzel, Cenicienta ou o Sastrecillo Valente. O hoxe profesor catedrático Holger Ehrhardt sostén que a enorme repercusión dos contos en xeracións de nenos comezou cando os irmáns incluíron ilustracións na edición pequena de 1825. Baseábase na segunda edición dos contos, que data de 1819. Wilhelm Grimm, o máis afeccionado á poesía dos dous, traballou na linguaxe dos contos e deulles o seu ton romántico e accesible para os nenos.
Os Grimm, ademais de contacontos, foron lingüistas eminentes e pasan por fundadores dos estudios da lingua alemana. Iniciaron o proxecto dun colosal Dicionario Alemán no que só chegaron con vida ata a palabra frucht (froito ou froita). Coñecido afectuosamente como O Grimm, este monumento á lingua alemá concluíu en 1961, 123 anos despois de que Jacob e Wilhelm o comezaran. Ten 32 tomos.
Alemania nomeou o 2013 O Ano Grimm, dispoñendo diversas actividades para conmemorar os 200 anos dende a primeira publicación dos seus contos. Nós no colexio queremos adicar a primavera ao estudio de algúns dos seus contos e celebrar así o seu legado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario