19 feb 2013

Rosalía de Castro

Sabíades que o día 21 fará 176 anos que naceu a gran escritora galega Rosalía de Castro?
Para empezar a recordala aquí tedes unha...
 
...breve Biografía 

Rosalía de Castro, poetisa e novelista española, naceu en 1837, en Santiago de Compostela. Filla de nai solteira dunha familia galega adiñeirada e dun sacerdote José Martínez Viojo, figura no rexistro civil, como filla de pais descoñecidos.

Os seus primeiros anos pasounos ao coidado da familia paterna, gustáballe a música, o debuxo e a declamación. Anos máis tarde, viviu coa súa nai en Santiago de Compostela; en 1855 trasladouse a Madrid e foi alí onde publicou a súa primeira obra, o poemario en castelán titulado "La Flor" (1857). Este libro recibiu moi boas críticas do historiador e escritor Manuel Murguía (1833-1923). En 1858 Rosalía e Manuel casáronse e debido á actividade do seu esposo, percorreron varias rexións de España.

En 1859 Rosalía escribiu a novela "La hija del  mar" como unha homenaxe ao valor da súa nai que, sendo solteira, soubo desafiar a sociedade dese momento. Tras morrer a súa nai en 1862, o matrimonio trasladouse a Galicia; alí escribiu un pequeno libro de poesías, "A mi madre", onde expresou a súa gran dor e soidade. Ferviente defensora das culturas autóctonas e tradicionais, Rosalía foi precursora do renacimiento cultural da literatura galega, escribindo o seu primeiro libro en lingua galega, considerada ata ese entón, só un dialecto, "Cantares galegos" (1863) onde fai unha denuncia social do pobo galego maltratado e explotado en terras estranxeiras.

En 1868 trasladouse a Simancas, Valladolid, cando o seu marido é nomeado director do arquivo da mesma localidade, permanecendo dous anos. A partir de 1871 viviu en Galicia.

A perda dos dous fillos menores dos sete que tivo e a tendencia melancólica do seu carácter, sumiron a Rosalía nunha fonda tristeza que se reflectiu en moitos dos seus poemas: nostalxia da súa terra galega, amores desgraciados, unha visión sombría da existencia humana. Algunha das súas obras "Ruínas" (1866), "El Caballero de las Botas Azules" (1867), "El domingo de Ramos" (1881). No poemario "Follas Novas" (1880) segundo libro escrito en galego, atopamos nuevamente a crítica social: denuncia a marginación do sexo feminino, dos nenos huérfanos e dos campesiños que debían emigrar por falta de traballo.

Durante a súa vida Rosalía sufriu o estigma de ser "filla dun cura", e ao publicar libros e ser muller, non tivo moito recoñecemento da súa obra. Rosalía de Castro morreu en 1885, aos 48 anos, en Padrón, logo dunha grave enfermidade. Os seus restos foron trasladados en 1891 a Santiago de Compostela.

Trala súa morte, os escritores Azorín (1873-1967) e Miguel de Unamuno (1864-1936) foron os que máis valoraron a súa obra, nas primeiras décadas do século XX. En 1963 aos cen anos de ser publicado o seu primeiro libro en galego, houberon en Galicia varios actos para homenajear a Rosalía de Castro. Na actualidade, as súas creacións literarias seguen sendo obxecto dunha gran bibliografía e crítica literaria, sendo os seus poemas traducidos a varios idiomas. Está considerada como a precursora e innovadora do movemento romántico español.

No hay comentarios:

Publicar un comentario