30 abr 2013

Roberto Vidal Bolaño fala con un home curioso


Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria fixeron esta pequena escea teatral sobre a vida do autor homenaxeado neste ano polo día das Letras Galegas. Foi un traballo de todo o grupo, estudiando ao mesmo tempo a técnica da escrita teatrale inspirándose no mural conmemorativo que se fixo no colexio.

Velaí o tedes:



Escea 1

Personaxes: O Curioso  e Roberto

(Levántase  o telón e vense varios personaxes paseando ao lonxe por un espacio indefinido, fronte ao público Roberto e O curioso crúzanse no seu paseo e saúdanse educadamente, fan xestos de dubidar un pouco e finalmente páranse a conversar)

O Curioso: E… logo ti quen ves sendo?
Roberto: Eu son Roberto Vidal Bolaño.
O Curioso: (tentando lembrar)  Vidal Bolaño… Soame un pouco. Ti non sairías na tele?
Roberto: Pois a verdade é que sí. Fun actor de televisión e de teatro, ao mellor lembras “Mareas vivas” ou “A lingua das Mariposas” no cine…
O Curioso: Eso é! “Mareas vivas” Que grande serie! Saíches en alguna máis?
Roberto: Buenoooo! Trabelleiche moito en series, películas e obras de teatro como actor, director, escenógrafo e iluminador. Vouche nombrar algunas delas a ver se che soan: Laudamuco, Señor de Ningures  en 1976, Bailadela da morte ditosa en 1980, A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello), Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) en 1985, Caprice des Dieux en 1985, Anxeliños. Comedia Satánica en 1996, A Lingua das Bolboretas en 1999, Mar Revolto en 2001, e ao final da miña vida volví nao teatro co grupo “Teatro do aquí”.
O Curioso: (facendo un xesto de comprensión) Vaia o! Tés toda a razón, traballaches moito , algún recoñecemento recibirías por tanto traballo…
Roberto: Vouche decir unha cousa (entornando os ollos para lembrar) recoñecementos, moitos; premios, algún, pero o que máis ilusión me fai é que este ano se me adique o día das letras galegas, aínda que para eso teña que estar morto. (Satisfeito) eso non llo fan a calqueira!
O Curioso: Certo, certo… Pero non señas modesto e dime a lo menos algún dos premios que recibiches (rindo)
Roberto: Eres ben pesado! A ver… que aquí a memoria empézase a borrar un pouquiño… Mmmm (apurando moito a falar como se quixese acabar pronto)… Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes). Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón". O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto. Medalla de ouro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. Premio Rafael Dieste Premio Álvaro Cunqueiro. Premio Xacobeo (1992). Premio Eixo Atlántico. Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego). Se lle adica o Día das Letras Galegas en 2013.
Ufff,( xadeando de cansancio) non ves? Xa quedei sen folgos. Fasme falar máis do debido.
O Curioso: Eche a miña condición, ¡son curioso por natureza!
Roberto: Pois vou satisfacer a túa curiosidade contándote alguna cousiña máis. Sabías que tamén fun escritor?
O Curioso: Non o sabía ata que me falaches dos premios, porque sei que algún deles son premios para autores.
Roberto: Ay que listiño me és!  Pois sí, como o Max, por exemplo. (falando como se fora para sí mesmo) A verdade é que case pasei os 52 anos que vivín escribindo, teatro, teatro, teatro, ata o que escribín de ensaio foi sobre as perspectivas do teatro galego!.
O Curioso: Dime algún título, por si me soa…
Roberto: Laudamuco, Señor de Ningures?
O Curioso: Non, ese non
Roberto: Bailadela da norte ditosa?
O Curioso: Ese tampouco.
Roberto: Agasallo de sombras?
O Curioso: (Un pouco avergoñado)Tampouco
Roberto: Días sen Golria? Saxo Tenor? As actas escuras?
O Curioso: Cala, cala que me da vergoña… Que pouquiño sei da nosa cultura.
Roberto: Sempre se pode aprender, home!. Ainda que seña neste sitio (Mirando ao seu redor)
O Curioso: Vai algo de frío, non?
Roberto: Eu estou que afogo
O Curioso: Aínda non te acostumaches!

(Lentamente baixase o telón)


Anúnciate na TV do Corgo

 
Os rapaces e rapazas de 5º, dentro do traballo da clase de lingua están a aprender a facer anuncios e slogans e, ¿Que millor idea que promocionar os nosos productos?
Velaí tedes úns exemplos do seu traballo:
 
 
TV CORGO
        
 
·         Algo lles pasa aos nosos pais.
 
·         Vexo as súas miradas e están tristes.
 
·         Din que é un problema de confianza.

·         De la sobrina de riesgo.

·         De la prima.

·         Hai que botar unha man.

·         Que saiban que contan con nós.

·         Que tamén sabemos axudar.

·         Que se lles admira por estar aí.

·         E que recorden que todo o que somos llelo debemos e eles.

·         Temos que poñernos as pilas.

·         Non preguntemos o que poden facer os nosos pais por nós, preguntémonos o que podemos facer nós polos nosos pais.

·         Que saiban que se lles quere.

·         Que estamos orgullosos deles.

·         Por non deixar atrás aos seus maiores.

·         E sacar adiante aos seus fillos.

·         É posible que algún día un galego baixe os brazos, que un galego se renda ou tire a toalla,é posible, pero ese día, ese día, non chegou.Poñámolo noso grao de area axudemos como galegos.

·         Estou orgulloso do meu pai que nunca tirou a toalla nunca, a decir verdade, nunca tirou nada.

·         Aprendemos de vós que os galegos podemos ser o fin do mundo e o centro do universo.

·         Seguiremos vivindo como galegos.E axudarémonos.

·         Á crise dirémoslle “ vaite e non volvas”

·         Todos e todas estaremos orgullosos da nos aterra, da nosa cultura, do noso patrimonio…

·         Todos os que veñen visitala repiten.

·         Con nós, con vós, con todos disfrutemos deste paraíso que é Galicia.                            

................................................................................................................

Para os grandes,
Para os pequenos,
Para os pais,
Para as nais,
Para os avós,
Para as avoas,
Para os amigos,
Para as amigas,
Para os compañeiros,
Para as compañeiras,
Para os profesores,
Para as profesoras,
Para todos os
galegos e galegas
AUGAS LAXOSA
AUGA DA FONTE DE LAXOSA
SE A BEBES
NON PROBAS OUTRA COUSA!
..................................................................................................
 
 
Se ti queres estar san
Productos galegos
has de tomar. SI,SI, SI!
Castañas, abelás, noces
Cogomelos, mazás
mel das abellas
san e sabroso
con todo isto medrarás. SI, SI, SI!
Ledicia e paz
nos nosos fogares
a carón do lume
compartindo os productos do Corgo
¡Bos desexos da TV do Corgo!




29 abr 2013

Maps

To study and revise geography use this link:

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos

you will find some interesting online activities to do



23 abr 2013

Reading in English

In the third grade we have just read and worked in The Frog Prince, a story by the Grimm Brothers. Here you are the story book colored by the kids in class, read it and try to notice something missing ...












Did you notice the missing things? Of course! Characters! Print the pages and draw them following the text.
Have a nice time!

O DÍA DO LIBRO




Este ano adicamos o Día do Libro aos contos maravillosos, profundizando no estudio dos contos dos Irmáns Grimm e ampliándoo con contos clásicos de Anderssen, e Perrault.
O noso mural está feito con versións curtas de todos aqueles contos que traballamos nas clases, tantos coma letras ten o noso abecedario.

Como traballo de clase os nenos de infantil de tres e catro anos fixeron entre outras cousas un fantástico exercicio de imaxinación inventando animais fantásticos a partires da mezcla de dous animais reais    

o Gaxe: metade gato, metade peixe

o Topei: metade Peixe, metade Gato


 
 O Xepom: cabeza de pomba e cola de peixe
 


Os nenos e nenas de 5 anos celebran o día de hoxe escribindo e debuxando cada ún o seu propio libro.
Libros cheos de adiviñas, contiños e debuxos cun elemento común en todos eles, D. Quixote da Mancha.
Velaí tedes como ven os nosos rapaces ao cabaleiro máis famoso da literatura española

con espada e armadura...


con barba e apostura...

sen olvidar detalles coma os xeonllos...

o cabelo loiro...

alto e flaquiño.

A continuación algunhas das páxinas dos libros que elaboraron os rapaces escribindo, recortando e pegando,  e debuxando





Como ben vedes todos estes pequenos escritores prometen !

Na clase de 1º tamén temos escritores e ilustradores, velaí tedes algúns dos seus traballos:
as portadas...






e contos e descripcións variadas, ata un pequeno ensaio sobre a contaminación!
 
 

22 abr 2013

Two videos about enviroment

 
this is a chant about trees 
 
 
and this one is about how to take care of Earth and environment
 
 
 
 

Xogos e actividades para identificarse coa natureza, experimentar e aprender dela

Xogos sensoriais para identificarse coa natureza:Imitar o son do vento coa respiración. Simular o aleteo das aves co movemento dos brazos. Desprazarnos á velocidade á que se moven algúns animais. Comparar o silencio na natureza co de casa. Xogar coa pegada que deixa o corpo sobre a area. Observar as ondas que se producen ao tocar a auga.
 
Xogos para experimentar por si mesmos:
 
  • Debuxar unha secuencia na que os nenos teñen que reproducir os sons das imaxes que ven, que serán elementos naturais con sons característicos (como a choiva, o río, as follas secas, os paxaros...).
 
Xogos para aforrar auga:
 
Hai que facer entender aos nenos que a auga é o recurso máis preciar e escaso do planeta.
  • Non usar a cisterna como papelera, ducharnos en lugar de bañarnos ou pechar o grifo mentres nos cepillamos os dentes son pequenos hábitos que só adquirirán si venos en nós.
Hai sinxelos xogos que podemos introducir na rutina diaria, como incorporar un medidor de auga na ducha para controlar o que gastamos.
  • A reutilización do auga que realmente non empregamos (como a primeira que sae antes de quentarse) para outras necesidades (regar as plantas, aclarar a vajilla...) pode ser un logro familiar e un motivo de celebración cada vez que o aforro aumente.
 
Direccións ecolóxicas en Internet
 
En Internet podemos atopar ideas para desenvolver a conciencia ecolóxica cos nenos en casa, programas e actividades nas que participar.
  • Ministerio de Medio Ambiente. O Ministerio de Medio Ambiente ten na súa páxina un apartado dedicado aos máis pequenos na súa «área infantil».
  •  
  • Fundación biodiversidade . Esta fundación ten en «biodiver» un espazo de xogos para ensinar aos nenos a respectar o medio ambiente.
  • Greenpeace España. Xogos, animaciones e información sobre as campañas desta ONG e toda a información a nivel mundial sobre o movemento ecologista.
  • Club Panda de Adena . O oso panda de Adena e os seus amigos loitan por salvar o planeta, e animan aos máis pequenos a unirse ao seu grupo con xogos, concursos etc.


A lei das tres R do cuidado da terra


A lei das tres R
As tres "R" da ecoloxía son Reducir, Reutilizar e Reciclar.


Reduce…
Todo aquilo que compras e consumes ten unha relación directa co que tiras. Por iso, consome racionalmente e evita o malgaste.

Segue estas recomendaciones para dar un respiro ao noso planeta:
. Elixe os produtos con menos envoltorios
.Reduce o uso de produtos tóxicos e contaminantes
.Leva á compra unha bolsa de tea ou o carrito
.Diminúe o uso de papel de aluminio
.Limita o consumo de produtos de usar e tirar
.Reduce o consumo de enerxía e auga

Cando vaias a comprar reflexiona: é realmente necesario?, é ou non desechable?, pódese reutilizar, reencher, retornar ou reciclar?...

Reutiliza…
Reutilizar consiste en darlle a máxima utilidade ás cousas sen necesidade de destruílas ou desfacernos delas. Desta forma aforramos a enerxía que se destinou para facer devandito produto.

Cantos máis obxectos reutilices, menos lixo producirás e menos recursos agotables "gastarás".

Segue estes sinxelos consellos:
.Compra líquidos en botellas de vidro retornables
.Utiliza o papel polas dúas caras
.Regala a roupa que se che quedou pequena

Reflexiona: por que destruír algo que nos custou tanto traballo facer?, por que tirar algo que aínda serve?…

Recicla…
Reciclar consiste en usar os materiais unha e outra vez para facer novos produtos reducindo en forma significativa a utilización de novas materias primas.

Que tipo de lixo recíclase?
Recíclase todo o que se pode vender para facer novos produtos.
.Materia orgánica (restos de comidas)
.Papel e cartón
.Vidro
.Metais (hojalata, aluminio, plomo, zinc, etc)
.Plásticos (polietileno, piliestireno, polipropileno, pvc, etc.)

Reflexiona: Sabías que ao reciclar unha tonelada de papel sálvanse 17 árbores? Sabías que reciclando unha lata de aluminio afórrase suficiente enerxía como para facer funcionar un televisor 3.5 horas?

Reciclar tradúcese en:
.Aforro de enerxía
.Aforro de auga potable
.Aforro de materias primas
.Menor impacto nos ecosistemas e os seus recursos naturais
.Aforro de tempo, diñeiro e esforzo

Separa…
Unha persoa produce, máis ou menos, un quilo de lixo ao día. Separar os residuos e dar a cada un o tratamento adecuado é a clave da recuperación.

A separación máis habitual é:

Contenedor Amarelo: Envases: Normalmente inclúen os plásticos, metais e tetra-brik.

Contenedor Verde ou laranxa: Materia orgánica: Restos de comida, pañales, cinzas, etc.

Contenedor Azul: Papel-cartón: Xornais, revistas, embalajes, etc.

Contenedor Verde claro:  Vidro: Botellas, frascos, botes, etc.

Contenedor de diferentes cores: Inclúe os residuos que non están en ningún dos apartados anteriores: trapos, envases doutros materiais, etc.

22 de Abril traballamos o Día da Terra

O Día da Terra 2013 é motivo para a celebración pero tamén para a concienciación de todos os habitantes que vivimos neste planeta. O Día da Terra 2013 é motivo máis que suficiente para tomar responsabilidade dos riscos que estamos a asumir ao contaminar o noso planeta.
O Día da Terra 2013 non é o primeiro que se celebra, senón que a historia desta efeméride data do afastado ano 1970. Foi neste ano cando o senador de EUA Gaylord Nelson decretou a celebración do Día da Terra co obxectivo de crear unha conciencia común polos distintos problemas que naquel tempo xa tiña a terra. Hoxe eses problemas non se solucionaron e algúns teñen agora máis vixencia que naqueles anos. Por esta razón, o Día da Terra 2013 é especialmente importante, xa que despois de 43 anos da súa instauración, segue habendo problemas na terra que se poden solucionar. Gaylord Nelson quixo loitar no seu día contra problemas como a superpoboación, contaminación e quixo conservar a rica biodiversidade da que cada día gozamos menos creando unha axencia ambiental que supervisase e controlase estes temas. Dous anos despois da instauración do Día da Terra, en 1970, creouse a primeira conferecia internacional sobre o Medio, polo que a idea de Nelson estaba a calar entre a sociedade. A conferencia chamouse Cumio da Terra de Estocolmo, e tivo como principal obxectivo sensibilizar ao mundo dos problemas do Medio.

Precisamente, sobre o Día da Terra 2013, o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, deixa na web das Nacións Unidas esta mensaxe: O Día Internacional da Madre Terra bríndanos a oportunidade de reafirmar nosa responsabilidade colectiva de promover a harmonía coa natureza nun momento no que o noso planeta se encontra ameazado polo cambio climático, a explotación insostible dos recursos naturais e outros problemas creados polo home. Cando creamos ameazas para o noso planeta, non só poñemos en perigo o único fogar que temos senón mesmo a nosa futura supervivencia. Celebremos este Día da Terra 2013 renovando a nosa promesa de honrar e respectar a Madre Terra».